Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Transporte metropolitano: mal servizo e multas aos usuarios?

ames transporte metroolitano SLIDE 24 marzo 2025

A veciñanza amesá mostra o seu malestar polo mal funcionamento do servizo de transporte metropolitano da Xunta de Galicia. Un escrito dirixido ao concello denuncia o intento da Garda Civil de poñer multas á xente de pe por non levar o cinto.

En esta ocasión é a veciñanza de Ames pero as queixas polo transporte metropolitano son unha constante ao longo de todo o ano. Problemas que se sumas aos que de cando en vez ten o transporte escolar. Nunha terra rural e dispersa a comunicación en autobús segue sen cubrir as mínimas necesidades.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de darlle traslado á Dirección Xeral de Mobilidade de diversas queixas e reclamacións recibidas en relación á calidade do transporte metropolitano da Xunta de Galicia.

Multas?

Segundo un dos escritos presentado no Concello o xoves 13 o autobús que vai da Gándara á Rúa da Riosa foi detido pola Garda Civil na Barcia. Os axentes comezaron a avisar aos usuarios da obrigatoriedade de levar o cinto de seguridade pois “o importe da multa polo incumprimento da norma podía ascender a 200 euros”.

A nova medida espertou a risa de varios usuarios xa que a primeira hora conseguir un asento libre convértese en tarefa imposible unha vez a liña entra no núcleo urbano de Bertamiráns. A usuaria que remite o escrito pregúntase “a onde se pretende que enganche o meu cinto de seguridade se a maioría das veces adoito ir de pé encaixada entre a xente para non bater no chan. Por suposto que as medidas de seguridade na estrada son precisas para garantir a saúde física de aqueles que viaxamos en autobús, pero, se de verdade preocupa tanto esta cuestión, é preciso ofrecer primeiro un servizo digno de transporte público no que non poña a miña vida en perigo cada día”.

Problemas repetidos desde hai anos no transporte metropolitano e que, tamén desde hai anos, son denunciados sen que as melloras cheguen o, cando menos, dense cambios na boa dirección.

Post navigation

Previous: Dodro consigue aprobar a licitación do SAF no pleno de marzo
Next: Padrón impulsa a rehabilitación da Praza de Abastos

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.