займ срочно

Ames adecúase ao Regulamento Xeral de Protección de Datos

0

Ames, 16 de agosto do 2018 –  Co fin de dar cumprimento á normativa europea sobre protección de datos, que entrou en vigor en maio, o Concello de Ames asinou un contrato para as tarefas de adecuación a dita lexislación.

A nova regulación, que por primeira ten ámbito Europeo, comporta cambios significativos na protección de datos de carácter persoal, tanto dende o punto de vista dos dereitos das persoas, como das obrigas dos que manexan esa información. A normativa introduce unha serie de cambios na protección como o principio de responsabilidade activa, o principio de minimización, a figura do Delegado/a de Protección de Datos, a privacidade dende o deseño, a privacidade por defecto, ou as notificacións de quebras de seguridade. Outra das novidades é a supresión da inscrición de ficheiros, así como o contido do dereito de información na recollida de datos que debe facilitarse aos afectados.

A primeira medida tomada en Ames foi a designación da Delegada de Protección de Datos que pertence ao departamento de Secretaría e ven sendo a persoa responsable tamén da e-administración. Por outra parte, estase a traballar na elaboración do Rexistro de actividades de tratamento, que substitúe a obriga de notificar a inscrición de ficheiros no Rexistro de Ficheiros da Axencia Española de Protección de Datos. Outra das accións a realizar é a avaliación do impacto en privacidade, adoptándose as medidas técnicas e organizativas por medio da análise de risco, poñéndose en marcha as medidas xurídicas, de seguridade e de procedementos que sexan necesarias, a fin de que os tratamentos de datos sexan respectuosos co disposto na normativa vixente.

Accións asociadas

Outras accións postas en marcha son adecuar os formularios para adaptar o dereito de información aos requisitos da nova regulación, adaptar os procedementos para atender os dereitos da cidadanía, confeccionar e implantar políticas de protección que contemplen os requisitos do novo regulamento e elaborar e levar a cabo un plan de formación e concienciación para os empregados municipais.

Para o desenvolvemento de todos estes traballos, xunto coa posta en marcha dos controis e medidas de seguridade técnica e organizativa o Concello asinou un contrato menor para a formación, o asesoramento e a supervisión da DPD (Delegada de protección de datos).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies