Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Ames presenta o programa de actividades deste Nadal

ames programa nadal slide 6 decembro 2025

Ames presentou a programación para as festas de Nada. Un calendario organizado por varios departamentos municipais que inclúe múltiples actividades dirixidas a todo tipo de públicos, que se desenvolverán ao longo do mes de decembro e comezos de xaneiro.

 Algunhas das novidades son a ampliación das Prebadaladas co Tardeo e a posterior Festa de Fin de Ano e o Mercado de Nadal da praza da Maía.

A programación de Nadal do Concello de Ames xa deu comezo esta semana de co acendido das luces e rematará nun mes, o día 10 de xaneiro, co Concerto de Reis. Durante este período haberá unha morea de actividades, como probas deportivas, concertos, relatorios e demais eventos relacionados co Nadal para todos os públicos e idades.

Entre os pratos fortes da programación atópanse as Prebadaladas, Tardeo e posterior Festa de Fin de Ano o día 31; o novo Mercado de Nadal da praza da Maía; a recepción a Papá Noel ou a Cabalgata de Reis.

As actuacións musicais contemplan recitais como o Concerto de Nadal dos grupos de música tradicional de Ames, o sábado 20 de decembro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns; ou o concerto de Anxo Gómez, o venres 9 de xaneiro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

Para evitar o frío, se é que chega, haberá unha chocolatada o xoves 11, de 19.00 a 21.00 horas, no aparcadoiro do Supercor do Milladoiro, ao carón da árbore de Nadal. As actividades da Aula da Natureza engadiran a axenda o obradoiro Botiquín Natural de Inverno, o sábado 20, de 10.30 a 13.30 horas. Un talller no que se ensinará a realizar menciñas tradicionais utilizando recursos naturais do noso redor.

Durante a presentación o alcalde de Ames, Blas García, explicou que “se trata dun programa variado e diverso no que traballaron conxuntamente todos os departamentos municipais”. Así mesmo, destacou “a incorporación do Mercado de Nadal que se vai celebrar na praza da Maía, en Bertamiráns, os días 19, 20 e 21 de decembro, e mailas festas de Tardeo e Fin de Ano, que se unen as tradicionais Prebadaladas o día 31 de decembro. Ademais, como nos últimos anos recibiremos a visita de Papá Noel no Milladoiro e Bertamiráns, haberá recepcións reais e mailas cabalgatas e festa de Reis, tamén en ambos núcleos urbanos”.

Mercado de Nadal

Os días 19, 20 e 21 de decembro, a praza da Maía acollerá a primeira edición do Mercado de Nadal cun total de 18 postos: 12 de artesanía, situados nos laterais do mercado e 6 postos nas zonas centrais para alimentación e produtos da horta. Con este mercado búscase crear un ambiente festivo nas rúas.

O Mercado de Nadal abrirá o venres 19 pola tarde, en horario de 17.00 a 20.30 horas. O sábado 20 e o domingo 21 de decembro, abrirá en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 20.30 horas. Cómpre destacar que o mercado contará cun dispositivo de vixilancia de seguridade nas horas de peche, polo que os propios expositores poderán decidir se deixar a mercancía nos postos ou non.

Actividades para os máis pequenos

Dadas as datas, unha boa parte do cartel está destinado aos máis cativos. O Nadal quedará inaugurado para eles co ciclo de Contacontos de Nadal na bibliotecas de Bertamiráns e O Milladoiro, os días 9, 10 e 11, e 16, 17 e 18, respectivamente, ás 17.30 horas, e a Visita do Apalpador á Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 12 ás 18.00 horas.

Ademais do Apalpador, os nenos e nenas amesás tamén recibirán a visita especial de Papá Noel no concello. Deixarase ver na Casa da Cultura do Milladoiro o luns 22 de decembro de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, e o martes 23 na Casa dos Maiores no mesmo horario.

Outro ano máis, tamén haberá visita das principais personaxes de Disney polas rúas do concello. O primeiro encontro será o luns 29 de decembro na Casa dos Maiores de Bertamiráns, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, e ao día seguinte farán o propio na Casa da Cultura do Milladoiro no mesmo horario.

A guinda á programación infantil porana os Reis Magos. A fin de semana do sábado 3 e o domingo 4 de xaneiro, os Reis farán unha Recepción Real no Milladoiro e en Bertamiráns, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.30 horas, previa á visita ás parroquias que farán o luns 5 de xaneiro de 10.00 a 13.00 horas. Ese mesmo día, serán as Cabalgatas: ás 17.00 horas no Milladoiro e ás 19.00 horas en Bertamiráns. Despois, festa de Reis nos pavillóns.

Actividades deportivas

O tenis terá o seu oco durante as festas de Nadal. O domingo 14 de decembro, o departamento de Deportes do Concello ofrece o torneo de minitenis “Tenis na rúa” que se disputará no Aero Club de 16.00 a 20.00 horas.

Por último, a programación deportiva estará cuberta con tres interesantes competicións: por un lado, a XVIII Carreira Ciclista do Pavo máis xincanas ciclistas, o domingo 21, ás 11.00 horas, en Bertamiráns; e seguidamente celebrarase o Campionato de Marcha no Milladoiro, o domingo 28, ás 10.45 horas. O deporte de Nadal finalizará coa Gladiator Kids O Milladoiro, o sábado 3 de xaneiro, ás 16.30 horas, na área deportiva do Milladoiro. 

Post navigation

Previous: Dodro presenta un Nadal pensando nas familias e nos cativos
Next: Parolando con Darío Rey, concelleiro de medioambiente de Touro

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.