займ срочно

Ames presenta a programación infantil ata fin de ano

0

Bisbarra, 1 de setembro do 2022- O concello de Ames presentou a programación infantil para o cuadrimestre que comeza e que durará ata finais de ano.

O calendario inclúe música, cinema, xogos, tradición oral, contos, maxia ou danza. A primeira actividade de esta programación infantil será hoxe mesmo no parque do Ameneiral de Bertamiráns, e mañá venres no parque dos Piñeiros do Milladoiro. Trátase de “Brincadeiras miúdas” de Cé Orquestra Pantasma. As actuacións será ás 18:00 horas, de balde e sen inscrición previa.

Programación completa

A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Actividades para as crianzas dende setembro ata decembro

Setembro inclúe outras tres propostas. O mércores 21 proxectarase no Milladoiro “Valentina”, premio Goya 2021 á mellor película de animación. O venres 23, A Gramola Gominola levará o seu espectáculo musical “O poder da Superlingua” a Bertamiráns, mentres que Migallas Teatro pechara o mes no Milladoiro o venres 30, co obradoiro “Orella Pendella”.

A programación continuará en outubro con cinco actividades máis. A primeira será un obradoiro de arrolos con Mamá Cabra, o xoves 6 en Bertamiráns. O día seguinte, o venres 7 O Milladoiro acolle o espectáculo de danza “Mímesis”, de Zig Zag Danza. Na seguinte semana, o xoves 13, Raquel Queizas desenvolverá o conto musical “O xogo de Nano”, de novo no Milladoiro. Esta actividade deixará paso ao Festival de Maxia de Ames “Festimax”, que celebra a súa décimo sétima edición os días 21, 22 e 23 de outubro nas dúas vilas principais de Ames. Finalmente, o venres 28 Pakolas actuará en Bertamiráns coa estrea de “A Ramona pequena”.

No mes de novembro desenvolveranse catro propostas. O venres 4, Vero Rilo e Sonsoles Penadique levan o seu espectáculo “Historias con susto para durmir a gusto” a Bertamiráns. Esta actuación virá seguida de dúas propostas de Lydia Botana “Bolboreta” e Fabaloba, con “Quen canta Alí?”, o venres 18 en Bertamiráns, e “Un bico para Alí”, o xoves 24 no Milladoiro. Por último, novembro pecharase co Festival Cinema Miúdo, os días 25, 26 e 27 nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns.

Para rematar o cuadrimestre, en decembro celebrarase a xa clásica visita do Apalpador a Ames, que este ano chegará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns, cargado de contos e cantos e cun agasallo máxico nacido na Serra do Courel, o venres 16 de decembro.

Actividades de animación á lectura

Do mesmo xeito, no outono volven tamén as actividades de animación á lectura, en forma de contos para a rapazada amesá de entre 3 e 8 anos, e que se desenvolverán nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns entre outubro e decembro, sempre ás 17:30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies