Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames presenta a programación do Día de Rosalía

ames dia de rosalia 14 febreiro 2026

O Concello de Ames presentou a programación das actividades que se levarán a cabo durante febreiro para conmemorar o Mes de Rosalía. O obxectivo é difundir a obra e o pensamento rosaliano e pór en valor os enormes vínculos que a escritora ten co Concello de Ames.

A principal novidade deste ano é a creación da Rede de Rosalía, unha proposta para compartir vídeos ou publicacións con versos rosalianos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes e ir tecendo colectivamente a rede de Rosalía.

Rosalía, unha das escritoras máis universais de Galicia está moi ligada ao Concello de Ames dado que a súa familia paterna era da Tarroeira, un dos lugares da parroquia de Ortoño. O  seu avó paterno coñecíase como O Muiñeiro, por posuír un muíño  que moía todo o ano en Lapido, xusto á beira do río Sar.  

A programación busca a participación da veciñanza cunha ampla variedade de actividades transversais para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova, coa pretensión tamén de estimular e dinamizar o uso do galego achegándo referentes comprometidos co uso da lingua propia.

Durante a presentación, estiveron presentes o alcalde de Ames e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García; a técnica de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras; a concelleira de Educación, Beatriz Martínez; e a técnica de Turismo, Sonia Moure.

Programación Día de Rosalía 2026

O programa comeza con Viaxando con Rosalía, unha viaxe literaria á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón o sábado 21 de febreiro, de 9.30 a 14.30 horas, guiada pola experta rosaliana e membro da Real Academia Galega María López Sández, que durante a viaxe achegará ás persoas participantes á vida e á obra da Rosalía.

Faranse paradas en lugares vinculados á escritora, como Ortoño ou Bastavales. O prazo de inscrición para esta actividade, con 60 prazas dispoñibles, xa está aberto e finaliza o vindeiro 20 de febreiro. Todas as persoas interesadas deberán enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Tamén o sábado 21 de febreiro arranca o Caldo de Gloria, unha iniciativa na que os locais da hostalaría amesá que participan no Mercado de horta e artesanía, e son socios de XEA, servirán cuncas do caldo que Rosalía describe no poema Miña casiña, meu lar de Follas Novas.

O día 24, serán os nenos e nenas das escolas de Ames os que o poidan degustar, un ano máis, nos comedores dos centros de Ventín, Barouta, Agro do Muíño e Maía.

O luns 23 de febreiro, aniversario da escritora, celebrarase a Gala Homenaxe a Rosalía de Castro. Será ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns e contará coa participación dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Ames. A gala estará presentada pola cantautora e intérprete Sheila Patricia. A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio.

Para os cativos e cativas desenvolverase un obradoiro de creación de cadernos de lecturas  e de fundas de feltro para libros. Esta actividade, organizada desde a Biblioteca municipal, está orientada a nenos e nenas a partir de 3º de primaria e terá dúas quendas: a primeira, o venres 27 de febreiro, ás 17.00 horas na biblioteca do Milladoiro; e a segunda, o sábado 28, ás 11.30 horas na biblioteca de Bertamiráns.

A programación pecharase coa xa habitual andaina polo Mar de Ovellas, teatralizada polos Quinquilláns, unha actividade pendente de data ata que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Rede de Rosalía e sorteo de libros

Como principal novidade, esta edición inclúe a creación da Rede de Rosalía, unha proposta para compartir versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes. Todas as persoas que suban vídeos ou publicacións con textos rosalianos ás redes etiquetados co cancelo #RosalíaDeAmes participarán no sorteo de cinco exemplares do libro Cantares Miúdos, unha escolma de poemas realizada por Rita Bugallo, ilustrada por Andrea López e editada pola Fundación Rosalía de Castro.

Post navigation

Previous: Polémica arredor da escola infantil de Padrón
Next: Noia acolle este domingo un campeonato de remo indoor

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.