Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Nadal en Ames

ames-programa-nadal-slide-3-decembro-2024_r

Bisbarra, 15 de decembro do 2024 – Ames presentou un programa de Nadal protagonizado por varios departamentos municipais, con múltiples actividades dirixidas para todo tipo de públicos que se desenvolverán ao longo de todo o mes de decembro e comezos de xaneiro.

A programación do Nadal en Ames inclúe algunhas novas actividades con respecto a anos anteriores. Unha das principais é a realización dun Mercado de Nadal, que estará situado na praza da Maía, en Bertamiráns, durante os días 20, 21 e 22 de decembro.

Así mesmo, outra das incorporacións no programa é a carreira de obstáculos “Gladiator Kids” o sábado 28 na Área deportiva do Milladoiro, unha actividade dirixida aos pequenos de entre 3 e 12 anos na que poñerán a proba a súa resistencia e forza con retos adaptados a eles. Con todo, os pais tamén poden inscribirse para participar e pasar así unha xornada familiar diferente.

Actividades para todos os públicos

Unha parte importante da programación do Nadal está dirixida cara os máis cativos que, precisamente, son os que viven estas datas con máis ilusión. Ademais dos contacontos de Nadal, a cativada amesá poderá gozar das visitas de personaxes tradicionais do Nadal como o Apalpador, o venres 13 ás 18.00h no auditorio de Bertamiráns; a visita de Papá Noel, primeiro en Bertamiráns o sábado 21, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas, na Casa dos Maiores, e despois no Milladoiro o luns 23, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.30 horas, no Centro social; e, por último, visitarán Ames os Reis Magos nos primeiros días do 2025.

Na mesma liña, a rapazada tamén poderá divertirse coa visita de diferentes personaxes do mundo “Disney”; primeiro no Milladoiro o venres 27 e despois en Bertamiráns o sábado 28. Así mesmo, a programación inclúe concertos e obradoiros para todos os públicos ao longo do mes de decembro, unha nova edición dos encontros literarios ou a XVII edición da tradicional Carreira do Pavo.

A xuventude de Ames poderá gozar na mañá do 31 de decembro das xa tradicionais prebadaladas, un evento que contará coas actuacións dos gañadores do Canta con Ames e, ademais, realizarase a Xincana Xove na que se repartirán diferentes premios.

Non só hai actividades para os máis cativos, de feito, o 15 de decembro, terá lugar o Amessán que, desta volta, levará aos nosos maiores de excursión á discoteca “La Luna”. Esta iniciativa está enmarcada no programa municipal de envellecemento activo, co que se persegue o benestar dos maiores do Concello de Ames.

A programación pódese consultar ao completo premendo nesta ligazón. Para solucionar calquera dúbida ou inscribirse nas actividades, tamén se pode contactar coa concellería de Promoción Económica, no enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal, coa de Deportes, no correo deportes@concellodeames.gal e a Aula da Natureza ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Ailá (Tradimensional)
Next: Pinocho no Nadal de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.