Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames axuda a deixar de fumar

ames deixar de fumar 24 setembro 2025

O programa que comeza está incluído no plan municipal de benestar emocional e saúde mental, será gratuíto e durara ata decembro.

Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, retoma un programa gratuíto de cesación de tabaco en grupo, para todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar. Este programa propón unha abordaxe multidisciplinar do tabaquismo e será realizado por unha psicóloga con formación específica en colaboración con outros profesionais.

Para participar nesta actividade ou para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo uneames@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 617 485 662. Este programa está dirixido a persoas empadroadas no concello de Ames.

En abril de 2024 o Concello de Ames presentou o Plan Municipal para a Promoción da Saúde Mental, un plan global para previr, promover e atender á saúde mental da veciñanza amesá, especialmente entre nenos, adolescentes e persoas maiores. Trátase do primeiro plan de promoción de benestar emocional do Concello, que busca dar unha resposta estruturada ás necesidades reais que se detecten entre a poboación do municipio.

O plan de saúde mental inclúe diversas actuacións orientadas a diferentes colectivos, entre as que se atopa o programa de cesación de tabaco en grupo que comezará o vindeiro mércores 1 de outubro. Trátase dunha actividade gratuíta que se vai a realizar durante os vindeiros meses de outubro, novembro e decembro. Este programa está dirixido a persoas empadroadas no concello de Ames.

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explica que “este é a segunda edición deste programa que está incluído no plan municipal de benestar emocional e saúde mental.  O pasado ano xa se realizou este mesmo programa co obxectivo de axudar a aquelas persoas que queren deixar de fumar para mellorar a súa propia saúde e a das persoas que están ao seu arredor”.

O curso emprega un programa multicompoñente que ten a maior evidencia científica demostrada para deixar de fumar. Dito programa ofrecerase os mércores, ás 18.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Impartiranse seis sesións presenciais e posteriormente haberá varias sesións de seguimento por teléfono.

Para participar nesta actividade ou para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo uneames@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 617 485 662.

Post navigation

Previous: Conversa con José Antonio Liñares, voceiro da Unión Hotelera de Compostela
Next: Ideas para unha nova Compostela

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.