Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Enfado en Ames polas novas luces led no rural

O concello de Ames valora abrir un expediente á empresa encargada da colocación das novas luces led no rural por incumprimento do contrato.
ames-expediente-empresa-iluminacion-no-rural-slide-28-outubro-2022_r

Bisbarra, 28 de outubro do 2022 – O concello de Ames valora abrir un expediente á empresa encargada da colocación das novas luces led no rural por incumprimento do contrato.

A falta de mantemento está provocando problemas no rural con conseguinte enfado da veciñanza. A substitución das antigas luminarias por led sufriu desde o primeiro momento que se foron ampliando ata chegar a caídas constantes do alumeado en xeral.

A maioría dos núcleos están tendo problemas con apagóns constantes. A obra está en prazo de garantía e a empresa é a encargada de substituír as luminarias que están avariadas, pero dita substitución estase executando cunha gran demora. Debido a isto o Goberno municipal requiriulle un informe ao director de obra para abrir un expediente de penalidades.

A Xunta de Goberno Local adxudicou en 2021 a obra de substitución do alumeado do rural por luces LED á empresa Serveo. Ames contou cunha axuda de 1.176.231,15 euros do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). O orzamento previsto para a execución do proxecto foi de 1.470.288,94 euros. O 80% do total sufragado con fondos europeos e o 20% restante, 294.057,79 euros, con fondos propios municipais.

A obra tiña un prazo de execución de seis meses que se ampliou ata practicamente o dobre de tempo. Unha vez rematada e recepcionada a obra esta ten un prazo de garantía para solucionar os problemas existentes, os cales a empresa non está a reparar a pesares das notificacións remitidas.

A intención, en canto se poida, é que o propio Concello se encargue con persoal propio de arranxar os problemas existentes no tendido eléctrico do rural, e posteriormente cargarlle os gastos derivados destas reparacións á empresa.

Post navigation

Previous: Demandan solucións aos vertidos nos sumidorios da Estrada
Next: Este venres comeza o Cineuropa 36

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.