Ames, 14 de xullo do 2021 – O concello de Ames presentou no Pazo da Peregrina o novo Plan de Incendios que recolle o protocolo a seguir e os medios, propios e alleos, de que se dispoñe.
O Plan de Incendios 2021 foi presentado polo concelleiro de Medio Rural, Manuel Lens, a unha vintena de persoas de distintos departamentos e servizos. Lens estivo acompañado na presentación polo alcalde de Ames, Blas García, que destacou a implicación de Protección Civil “cuxo papel na loita contra o lume é fundamental na actualidade” e lembrou a formación específica para intervir en incendios que recibiu o persoal de esta asociación de voluntarios.
A Asociación de Protección Civil presentoun o traballo realizado na elaboración dun mapa das hidrantes de todo o concello. Segundo o responsable da agrupación, Juan Perez, este traballo está encamiñado a reducir o tempo de resposta ante un posible incendio. O estudo inclúe un mapa coas coordenadas GPS e unha lenda onde se describe o que se van atopar no lugar e o estado en que se encontra.
A Asociación de Protección Civil está formada por 33 voluntarios que se van a dividir en tres equipos de traballo. Xunto ao persoal humano destacan como novidades a incorporación dun equipo autónomo que permite converter puntos de auga en hidrantes, o material necesario para montar un posto de mando avanzado no lugar do incendio ou un vehículo todoterreo adaptado tanto ao transporte de materiais como á evacuación de persoas.
Coordinación de medios
A través deste plan artéllanse e organízanse os medios persoais e materias dos que dispón o Concello de Ames no operativo municipal de prevención de incendios. Os distintos equipos de intervención englóbanse en grupos de prevención, sanitario e acción social, transmisións e coordinación da operativa e de loxística e seguridade. Este último está formado por membros da Policía Local, a Garda Civil, Policía Autonómica, a brigada de obras, a Asociación de Protección Civil e de GES-Brión; mentres que o equipo sanitario e de acción social, inclúe traballadores/as sociais, médicos/as de atención primaria e voluntarias/os.
Como novidade, incorpóranse a este Plan de Incendios do ano 2021 o concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández e o concelleiro de Medio Rural, Santiago Márquez.
O plan é unha folla de ruta que facilitará a actuación de cada un dos sectores implicados en caso de producirse un incendio no noso Concello e que ten como obxectivo unir esforzos na loita contra o lume.
Protocolo a seguir en caso de incendio
No protocolo establécense, ademais, tres tipos de situacións de emerxencia, segundo a magnitude do lume, os bens forestais e de natureza non forestal aos que afecten e as necesidades e medios que se precisen para atallalo.
As situacións segundo o nivel en que se atope o lume son pre-alerta, alerta e emerxencia. O plan define cada unha das fases e os pasos a seguir en cada unha delas.
