займ срочно

A Deputación impulsa o Ames AV Lab

0

Bisbarra, 23 de febreiro do 2023 – O concello de Ames e a Deputación da Coruña presentaron o proxecto Ames AV Lab que ten como obxectivo servir de aceleradora de proxectos audiovisuais.

O Espazo Colaborativo A Proa serviu de espazo para a presentación do Ames LV Lab que contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e do alcalde, Blas García.

O proxecto Ames AV Lab conta cun financiamento de 200.000 euros, dos que 160.000 euros, o 80%, son achegados pola Deputación da Coruña, e o 20% restante por parte do Concello. O alcalde de Ames, Blas García, sinalou que “hai ano e medio, aproximadamente, estabamos inaugurando este espazo coworking para apoiar aos sectores da innovación e do audiovisual. Xa temos trinta proxectos que están aquí instalados, comezando a desenvolverse”.

Pola súa Banda Valentín González destacou a importancia de “dotar de ferramentas ao talento propio para que radique en Galicia, de xeito que permita ilusionar aos nosos creadores e creadoras do eido do audiovisual e isto se acabe traducindo na creación de empregos”.  O presidente indicou que “desde a Deputación da Coruña apoiamos o desenvolvemento deste coworking A Proa, un dos 11 da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo que na actualidade xa alberga a 30 emprendedoras e emprendedores que están a facer realidade as súas ideas aquí, no Concello de Ames”.

Ames Av Lab

A provincia da Coruña, e, en concreto, o concello de Ames, presentan unha alta especialización no sector audiovisual. Existen grandes produtoras, empresas líderes en service, estudios de gravación con tecnoloxías de carácter polivalente ou empresas traballando en postprodución…

O Ames Audiovisual Lab concibese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais. O obxectivo é impulsar a produción, o fomento do talento emerxente e a dinamización do tecido produtivo da provincia.

Ames Lab busca atraer proxectos que non estean iniciados, e que non teñan data de inicio de rodaxe prevista (curtametraxes, longametraxes, series, narrativas inmersivas, realidade virtual…). Fomentarase proxectos que contribúan á incorporación laboral de persoas mozas e mulleres, tratando así de diminuír a fenda xeracional e de xénero que existe no noso territorio.

As instalacións da Proa serán empregadas como sede principal, e búscase ofrecer unha tecnoloxía innovadora que permita planificar a postprodución dende que os proxectos boten a andar, así como que sexa posible facer medicións de audiencia  para coñecer as demandas do consumidor. O laboratorio busca tamén que todas as iniciativas que se creen na Proa traballen conxuntamente, de maneira que se creen sinerxias e crezan os proxectos.

Seleccionaranse 15 iniciativas

No mes de marzo realizarase unha convocatoria para seleccionar 15 iniciativas, que recibirán unha mentorización e titorización por parte de expertos do audiovisual; así como formación, na Ames Audiovisual School, onde se impartirán nocións de diferentes sectores que abranguen todas as partes dos proxectos a desenvolver: creación, produción, postprodución, financiamento, marketing, distribución e dereitos de propiedade intelectual. Así mesmo, tamén se programarán distintos workshops sobre temas que demanden os creadores das iniciativas seleccionadas.

No ecuador do proxecto, arredor dos meses de verán, sacarase unha convocatoria de bolsas. Das 15 iniciativas presentadas, serán seleccionadas 7, que xa se atoparán en fase de maduración, e que recibirán unha axuda de 10.000 euros. Paralelamente, estarán realizándose no Ames Lab actividades de networking e de formación. Finalmente realizarase o Ames Audiovisual Showcase, unha presentación final de todos os proxectos apoiados, na que se mostrará o traballo realizado a festivais, empresas produtoras, distribuidoras, representantes de mercados… etc.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies