Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

VII edición do Ames Jazz

AMES-JAZZ-slide-12-XUNHO-2024_r

Bisbarra, 12 de xuño do 2024 – O concello de Ames ven de presentar, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, a cuarta edición do Ames Jazz que se celebrará os días 5 e 6 de xullo.

O Ames Jazz ofrecerá este ano os concertos de María Toro Trío e de Kin García Quinteto, así como a proxección do documental “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band” e o faladoiro “Dende Galicia para o Mundo”.

Na presentación participaron o concelleiro de Cultura e alcalde de Ames, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; o director artístico de Ames Jazz, Xacobe Martínez; e o músico Kin García. María Vázquez, explicou que esta edición do Ames Jazz será “máis ambiciosa que en anos anteriores, agregando un faladoiro temático ás proxeccións e aos concertos”.

O director artístico de Ames Jazz, Xacobe Martínez, puxo en valor que “o traballo, o talento e a traxectoria dos artistas que van estar no Ames Jazz garanten que o festival vai ser unha marabilla. A afluencia de anos anteriores demostra que este tipo de propostas son atractivas para o público”. Ademais, aproveitou para salientar que “o Ames Jazz é un referente para os festivais deste xénero en Galicia e queremos que o siga sendo. Animamos ao público a que veña a desfrutar”.

O primeiro dos concertos programados terá lugar o 5 de xullo, e correrá a cargo de María Toro Trío, integrado pola frautista e compositora María Toro, e polos músicos Guillermo Barrón e Adrián Alvarado. Trátase dun proxecto baseado na música flamenca que incorpora a profusión do jazz e doutras músicas populares.

Por outra banda, xa na segunda xornada, a do día 6, actuará o quinteto Kin García. O contrabaixista que lle da nome ao grupo, natural de Noia, é un dos músicos máis representativos do jazz galego e da world-music, cunha longa traxectoria nacional e internacional que no ano 2009 o levou a estar prenominado aos premios Grammy polo seu disco “Atlantic Bridge”. Actualmente compaxina a docencia como profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de jazz, coa súa carreira persoal como intérprete.

García agradeceu ao concello de Ames ao departamento de Cultura que o incluíse neste festival. Así mesmo, explicou que o que presentará neste evento “é un proxecto de fusión, unha mistura de música tradicional galega con ritmos de jazz. Interpretaremos o que chamamos ‘jazz palleiro’”.

Post navigation

Previous: Novo Consello de Goberno da USC suspendido e peche en San Xerome
Next: Teo leva á Xunta a proposta de buses lanzadeira

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.