Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Ames anticipa o fin do 2023

O concello de Ames anticipa un ano máis o fin do ano o 31 de decembro na Praza do Concello ás 11:00 horas coas prebadaladas.
ames-prebadaladas-slide-28-decembro-2023_r

Bisbarra, 28 de decembro do 2023 – O concello de Ames anticipa un ano máis o fin do ano o 31 de decembro na Praza do Concello ás 11:00 horas coas prebadaladas.

Será o terceiro ano que Ames faga soar as badaladas antes do habitual. No evento repartiranse bolsas con cotillón e para os máis pequenos haberá lambetadas sen glute. Na praza instalarase unha carpa para que os asistentes poidan gozar da actividade en caso de previsión meteorolóxica adversa.

Na presentación das prebadaladas participaron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a concelleira de Mocidade, Carmen Porto; os concelleiros do goberno municipal Gustavo Nieto e Víctor Fernández; a presentadora Loly Gómez; a gañadora do Canta con Ames 2023 na categoría infantil, Antía Holovat; o representante de Biosbardos, Jorge López;  a representante de Retumban Risas, Sandra Conde; os representantes de Mirabelle Comunicación, Rocío González e Miguel Martínez; e a representante de Cunde Servizos de Produción, Cecilia Carballido.

O obxectivo desta iniciativa é “dinamizar o comercio e a hostalería locais, pero tamén que a xente maior que está soa e os nenos, que se dormen antes das badaladas, celebren este día”. Así mesmo o concello agradeceu a colaboración das empresas implicadas na organización do evento, que require dun esforzo extraordinario pola súa parte por celebrarse durante a fin de semana. 

O alcalde, Blas García, expresou o seu desexo de que este ano volva a haber gran afluencia de veciños, como xa acontecera nas dúas anteriores edicións, “para facer xuntos o desexo de que o 2024 sexa mellor para todos”. Tamén destacou as numerosas actuacións que vai haber durante as Prebadaladas, todas elas a cargo de veciños e veciñas de Ames.

Prebadaladas 2023

O evento comezará ás 11:00 horas coa entrega de bolsas. Para recollelas será necesario acceder á praza a través da rúa Alcalde Lorenzo. A praza estará cuberta por unha carpa por se chove durante a celebración. O acto será conducido pola presentadora Loly Gómez, e nel actuarán as gañadoras da última edición do concurso Canta con Ames Antía Holovat (categoría infantil), Antía Boo (categoría xuvenil) e María Camaño (categoría sénior), así como as gañadoras de edicións pasadas deste mesmo concurso Carmen Cuevas, Adriana Vigo, Lara López e a xurado Inés Suárez. As prebadaladas serán ás 12:00 horas.

Os primeiros 500 adultos en acceder á praza do Concello recibirán unha bolsa con produtos dos comercios locais, entre os que se inclúen cotillón, chicharróns, arandos e unha botella de Estrella Galicia para brindar polo novo ano.

Pola súa banda, os primeiros 500 nenos e nenas tamén contarán con bolsa propia, dentro da que haberá  cotillón, uvas de lambetada sen glute e un vaso para brindar con Champín. Para a elaboración das bolsas o Concello contou coa colaboración da froitaría Tomate más Fruta, por terceiro ano consecutivo, que obsequia os arandos; Estrella Galicia, que colabora coas mini botellas de cervexa; e coa cafetería Casa da Cultura, que colaboran coas pegatinas.  

Ademais, haberá postos de algodón de azucre e de flocos de millo.

Post navigation

Previous: Rois prepara a visita dos Reis
Next: Máis policía contra a contaminación acústica

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.