займ срочно

Reclaman melloras para o paseo fluvial de Bertamiráns

0

Bisbarra, 25 de novembro do 2022 – O Partido Popular de Ames reclama melloras e arranxos para o paseo fluvial de Bertamiráns do que din que “leva anos degradándose”.

O Partido Popular pon o foco no sucedido hai un mes coa caída dunha árbore enriba do criadeiro de troitas do paseo. Explican que era algo que podía suceder e que se alertara ao goberno municipal. O PP engade que “hai que dar gracias de que non pasara ningunha desgracias xa que xusto ao carón de onde caeu hai unhas mesas usadas a diario por xoves da zona”.

O Partido Popular indica que se está a espera dun estudio técnico que non chega e que é o paso previo para a intervención de mellora que o paseo fluvial precisa. Lembran que a primeiros de ano a súa formación solicitou que os orzamentos do concello incluíran unha partida destinada a este estudo e as obras precisas para arranxar a zona.

Esta proposta foi aprobada o 27 de xaneiro e consignada unha partida de 12.000 euros para o estudo e o compromiso de, unha vez coñecidas as necesidades, consignar otra coa cantidade precisa. En xuño pasado o PP preguntou pola execución de este acordo e polo proceso de contratación do estudo técnico, que non precisaba de máis trámites ao encaixar a cantidade como un contrato menor.

O PP denuncia que a piques de rematar o ano segue sen saberse nada do estudo e ven de requerir información actualizada sobre este tema. Lembran que se trata dunha zona verde de 63.000 metros cadrados, que foi premiada no ano 2004 co San Telmo como mellor obra de inxeñería civil de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies