займ срочно

Denuncian o retraso nas obras de acceso ao núcleo de Covas en Ames

0

Bisbarra, 21 de novembro do 2022 – O Partido Popular de Ames denuncia o retraso nas obras de acceso a Covas, adxudicadas hai máis dun ano cun prazo de seis meses de execución.

As obras de pavimentación e mellora dos accesos a Covas teñen un orzamento de 78.173 euros. Forman parte do Plan Único da Deputación (POS+ 2019). O proxecto foi aprobado en decembro do 2018 e un mes despois era solicitado autorización a patrimonio por formar parte do Camiño Fistrerra Muxía.

En vermello o tramo sen rematar

Desde a Dirección Xeral de Patrimonio pediron unha serie de cambios polo que o proxecto tivo que ser modificado. En marzo do 2021 aprobáronse os cambios definitivos ao proxecto e en setembro de ese ano era adxudicada a obra.

As obras de Covas tiñan como primeira data de remate maio do 2022 pero a empresa solicitou unha prórroga alegando retrasos na chegada dos materiais. Co novo prazo as obras terían que estar rematadas en xullo e o PP de Ames denuncia que a día de hoxe están sen concluír.  Os populares denuncian que na zona sur hai un tramo de 350 metros de longo, con catro de ancho, que segue sen rematarse. Entenden que se trata dun retraso inxustificado e esixen explicacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies