Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Reclaman axilidade nas tramitacións urbanísticas de Ames

ames-pavimentacion-rua-pedregal-slide-9-xaneiro-2024_r

Bisbarra, 6 de xuño do 2024 – O Partido Popular de Ames reclama que se habiliten as ferramentas necesarias para axilizar o traballo en Urbanismo.

Os populares de Ames explican que das licencias de construción solicitadas no 2023 en Ames, só se resolveron 17 e 24 están en tramitación. Outros 22 permisos están pendentes de presentar máis documentación.

Segundo o PP, foron varios os veciños que lle transmitiron ao executivo a preocupación pola demora que está a padecer o outorgamento das distintas licencias urbanísticas, principalmente as de obras e as de primeira ocupación.

Os populares de Ames van máis alá das queixas veciñais e falan de “indicios” que fundamentan as queixas. Explican que na liquidación dos distintos exercicios obsérvase como ano a ano a recadación do ICIO (imposto sobre construcións, instalacións e obras, que se paga no inicio da tramitación) non alcanza as previsións orzamentarias, mentres que a recadación pola expedición de taxas urbanísticas aumenta respecto ás cantidades recollidas nos distintos orzamentos municipais.

O retraso tan prolongado na aprobación das licencias “provoca serios prexuízos ós veciños que ven como o encarecemento do material de obra trastoca o seu orzamento ata o punto de que pode desembocar no rexeitamento de levar adiante a construción da vivenda” din desde o PP.

No relativo ás licenzas de primeira ocupación, o concelleiro de Urbanismo de Ames, a preguntas dos populares, explicou que “houbo unha modificación da Lei que agora permite simplemente unha comunicación previa, polo que non se dita resolución expresa de concesión destas licenzas, aínda que aclara que os expedientes solicitados en 2023 ascenden a 29”.

O PP pide máis axilidade no departamento de Urbanismo, ó que haberá que dotar das ferramentas necesarias para mellorar a resposta á cidadanía ou máis persoal unha vez que as cifras demostran que o que hai é insuficiente.

Post navigation

Previous: Teo na procura de máis seguridade
Next: A FICS pide respecto e protección no Día Mundial do Medio Ambiente

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.