Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames terá o seu propio transporte público

O pleno municipal de Ames aprobou por unanimidade iniciar o expediente que permitirá a creación do transporte público do concello.
ames-pleno-slide-30-xaneiro-2023_r

Bisbarra, 30 de xaneiro do 2023 – O pleno municipal de Ames aprobou por unanimidade iniciar o expediente que permitirá a creación do transporte público do concello.

O transporte público e un proxecto que forma parte da EDUSI Impulsa Ames. O inicio do expediente ten como obxectivo final a implantación dun servizo de autobús municipal, complementado cun servizo de transporte baixo demanda, que conecte ás zonas de menor poboación co resto do concello.

Este transporte interno buscará pasar polo maior número posible de parroquias  para achegar á poboación aos núcleos urbanos, ao mesmo tempo deberá conectar Bertamiráns e Milladoiro entre si. O primeiro paso foi a contratación da redacción dun plan de viabilidade.

Regulamento dos servizos complementarios

O Pleno aprobou tamén por unanimidade a resolución da única alegación presentada á modificación puntual do regulamento de funcionamento dos servizos Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas, polo que o cambio é xa definitivo.

Esta modificación consiste en eliminar toda referencia á presentación de orixinais, cotexo de documentos e copias cotexadas, salvo nos supostos excepcionais con amparo na propia normativa, favorecendo deste xeito a presentación electrónica das solicitudes polas persoas usuarias do servizo.

Servizo de Axuda no Fogar

O Pleno tamén aprobou por unanimidade a execución da prorroga obrigatoria ata a formalización do novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar. A prorroga obrigatoria dará comenzo o 1 de febreiro de 2023 ata que se adxudique o novo contrato, e como máximo por un período de 9 meses. Os concelleiros e concelleiras da Corporación municipal coincidiron en sinalar que se trata dunha prórroga necesaria.

Residencia de maiores do Milladoiro

Ademais, aprobouse por unanimidade a declaración de especial interese das obras de edificación da residencia de persoas maiores no Milladoiro, para a posterior concesión de bonificación na cota do ICIO. Deste xeito, declárase de especial interese e utilidade municipal as obras de edificación dunha residencia para persoas maiores na Travesía da Moa, no Milladoiro, fundamentado na concorrencia de circunstancias de fomento e creación de emprego, por implantación dunha nova empresa que implica o exercicio dunha actividade económica ou empresarial no termo municipal de Ames, coa creación de máis de 20 postos de traballo, en aplicación do establecido na Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras do Concello de Ames. A bonificación suporá un 25% de desconto sobre a cota tributaria.

Taxa pola utilización das instalacións municipais

Outro dos puntos a tratar foi a aprobación inicial da ordenanza fiscal da taxa pola utilización das instalacións culturais de propiedade municipal que tamén foi aprobada por unanimidade. No pleno do 30 de xuño de 2022 aprobouse o regulamento de uso e funcionamento das instalacións culturais do Concello de Ames. O aspecto económico da utilización de ditas instalacións viña sendo regulado na ordenanza denominada reguladora de prezo publico pola utilización das instalacións deportivas e culturais de propiedade municipal. Porén a figura correcta non é un prezo publico, senón unha taxa motivo polo que se iniciou expediente de elaboración de dita ordenanza fiscal.

Elección de xuíz/a de paz substituto

Tamén se aprobou por unanimidade a elección de xuíza de paz substituta do Concello de Ames. Durante o prazo de presentación de instancias, que comprendeu dende o 7 ata o 28 de decembro de 2022, presentáronse sete candidatos/as. Unha vez examinados os méritos de cada un/unha dos/as candidatos/as propúxose a Xiomara Erlinda Lazo Fuentes como xuíza de paz substituta do Concello de Ames. Os méritos examinados foron ter experiencia como xuíz de paz e dispoñer do grao en Dereito.

Post navigation

Previous: Boqueixón presenta a 40ª edición da Festa da Filloa de Lestedo
Next: Frades celebra a DIA negativa do parque eólico Gasalla

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.