Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames precisa tres millóns de euros dos remanentes para gastos xerais

ames modificacion de credito de tres millons 29 outubro 2025

O goberno local de Ames levará, ao pleno de este xoves, a aprobación dun suplemento de crédito para sufragar gastos relativos ao funcionamento ordinario dos servizos municipais por máis de 3 millóns de euros.


Novo pleno ordinario en Ames este xoves no que a xestión económica municipal será sen dúbida un punto quente na sesión. O goberno municipal do socialista Blas García presenta para aprobación un suplemento de crédito de 3.163.636 que se financiarían cos remanentes de tesourería. Hai que lembrar que a diferenza do ano 2024 en este exercicio o goberno traballa cos orzamentos prorrogados.

Os gastos aos que se destinarían estes cartos, segundo a orde do día, serían os derivados do  “funcionamento ordinario dos servizos municipais”; tamén financiarían “o compromiso de incremento do 25% no complemento específico do persoal municipal para o presente exercicio, que permanece pendente de aplicación ata que se efectúe a correspondente modificación orzamentaria”; o goberno municipal engade que “para rematar o exercicio é necesario dotar crédito en distintas áreas do orzamento de gasto para o normal funcionamento de servizos municipais como o de recollida e tratamento de lixo, gastos dos servizos educativos e complementarios de educación, gasto corrente e gastos en investimentos.  

Taxa polo servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos

Outro dos asuntos a tratar é a aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos.

Na ordenanza vixente, ademais do servizo de recepción obrigatoria, incluíanse outras prestacións relacionadas coa hixiene urbana como son a recollida de vehículos abandonados, recollida da vía pública de carteis, soportes, pancartas, limpeza de muros, valados, limpeza de cerramentos, etc); prestacións que por lei non poden figurar xuntamente coa recollida, transporte e tratamento de residuos.

Na nova ordenanza emprégase un novo método de cuantificación das tarifas. Ames nun primeiro momento non opta por repercutir o 100% do custo aos usuarios do servizo, senón que se sitúa en torno ao 75% do custo. Na configuración da taxa establécese unha cota fixa por unidade de vivenda ou local destinado a actividade e unha cota variable, que para as vivendas variará en función das persoas empadroadas na mesma, e para as actividades establécese un importe por metro cadrado de superficie do local.

POS+ Adicional

Ademais, abordarase a aprobación do POS+ Adicional 4/2025. Ao Concello de Ames correspóndenlle 498.473,30 euros, dos cales o importe de 152.984,36 euros vanse destinar a gasto corrente, e o resto da contía que ascende a 345.488,94 euros vaise destinar a investimentos financeiramente sostibles.

Gratificacións e horas extras
Outros dos temas a tratar é a autorización do incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extraordinarias e horas complementarias no orzamento do Concello de Ames para o exercicio 2025, quedando o importe global fixado en 394.885,46 euros. Dita autorización queda supeditada a entrada en vigor do suplemento de crédito 3/2025.

Centro deportivo municipal A Telleira

A Corporación debaterá sobre a revisión de prezos da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira para o exercicio 2026. O incremento cuantificase no 2,3% e resulta do calculo do IPC galego tomando como referencia os períodos xullo 2024 a xullo 2025 e terá efectos dende 1 de xaneiro de 2026, unha vez se aprobe definitivamente a modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do centro deportivo municipal A Telleira.

Apartado de mocións

Por último, abordaranse dúas mocións políticas do grupo municipal popular para a mellora da seguridade viaria na DP-0206 ao seu paso polo concello de Ames, e sobre os vertidos no río Sar provocados polas obras de construción da nova depuradora de aguas residuais de A Silvouta, en Santiago de Compostela.

Post navigation

Previous: Recuperan virtualmente o  Edificio Castromil  
Next: O amor preside a 39º edición de Cineuropa

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.