Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames aproba en pleno a revisión dos prezos da auga

O pleno municipal de Ames aprobou a revisión de prezos do contrato de xestión do servizo público do Ciclo Integral da Auga.
ames-pleno-subida-auga-slide-29-xaneiro-2024_r

Bisbarra, 29 de xaneiro do 2024 – O pleno municipal de Ames aprobou a revisión de prezos do contrato de xestión do servizo público do Ciclo Integral da Auga.

Non sucedeu o mesmo cos prezos do servizo de axuda ao fogar. A empresa presentara unha petición de revisión que foi rexeitada. Por outra banda, aprobouse a moción presentada polo BNG para demandarlle á Xunta de Galicia que desenvolva accións para paliar as consecuencias da “marea plástica” nas costas galegas; e rexeitouse a moción presentada por Espazo Común para a inclusión no vindeiro orzamento municipal dunha partida de carácter participativo para as asociacións veciñais.

Ciclo da auga

O pleno aprobou a revisión de prezos do contrato do servizo público do Ciclo Integral da Auga. Este punto saíu adiante co voto a favor dos concelleiros/as do grupo de goberno, mentres que o resto de edís abstivéronse (Partido Popular, BNG e Espazo Común).

No pleno ordinario do 29 de decembro de 2022 acordouse a continuidade da prestación do servizo do Ciclo integral da auga pola concesionaria Espina & Delfín SL, a partir do 31 de decembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023, salvo que anteriormente se acadase a prestación do servizo polo Concello, mantendo as mesmas condicións do contrato asinado o 27 de xaneiro de 2017 e as addendas posteriores.

No pleno celebrado o 11 de maio de 2023 acordouse a creación da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL, así como a aprobación dos seus estatutos. Posteriormente, o 31 de outubro de 2023 a concesionaria do servizo solicitou a revisión de prezos para o 2024 cifrando o incremento nun 2.24%. Deste xeito, o Pleno aprobou a segunda revisión de prezos unitarios do contrato de xestión do servizo publico Ciclo integral da agua do Concello de Ames dende o 1 de xaneiro de 2024, conforme á formula prevista na cláusula 18 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Tras a revisión do 2,24% o importe dos prezos será o seguinte:

-Prezo m3 facturado por abastecemento ETAP: 0,624 euros/m3.

-Prezo m3 facturado por saneamento e depuración: 0,624 euros/m3.

-Prezo de circulación pola rede de auga en alta por m3 de auga facturada a Teo: 0,00 euros/m3.

-Prezo m3 de auga en alta facturada ao concello Brión con ETAP: 0,2935 euros/m3.

-Prezos Anexo VI: incremento do 2,24%, salvo que se apliquen ao mantemento correctivo en cuxo caso non se incrementaran no importe indicado, mantéñense os da oferta inicial do contratista.

SAF

O pleno rexeitou a proposta presentada pola empresa adxudicataria para a revisión de prezos do contrato do Servizo de Axuda no Fogar, SAF. A negativa á revisión foi aprobada co voto a favor dos 8 concelleiros/as do grupo municipal de goberno, mentres que o resto de edís abstivéronse (Partido Popular, BNG e Espazo Común).

O pasado 17 de novembro 2023 a empresa xa solicitara a revisión do prezo do contrato argumentando a existencia de custes laborais non tidos en conta polo Concello no momento da licitación do contrato e que se resumen nunha acta do 10 de maio de 2022 asinada entre a empresa Attende Care e maila representación sindical.

O 14 de decembro de 2023 o Concello solicitoulle ao contratista que cuantificase e xustificara os custes que alegaba. O 27 de decembro de 2023 o contratista achegou dita cuantificación. Analizado o contido da documentación constátase que na acta do 10 de maio de 2022 non recolle novas condicións laborais ou circunstancias salariais non tidas en conta no momento da licitación, dado que é un resumo de acordos acadados anteriormente polo que a petición foi desestimada.

Partida para asociacións

Por outra banda, abordáronse dúas mocións. A primeira presentada polo grupo municipal de Espazo Común, para a inclusión no vindeiro orzamento municipal dunha partida de carácter participativo para as asociacións veciñais.

Na proposta de acordos recollíase que o goberno do Concello de Ames se comprometese a incorporar no vindeiro orzamento unha partida para este fin. Tamén se solicitaba que o goberno do Concello de Ames se comprometese a elaborar unhas bases de participación que regulasen os proxectos que se poden presentar e as contías que se destinarían a tal fin para cada asociación; que se adiantasen esas contías en función do proxecto presentado no que se debería recoller o orzamento da iniciativa ou iniciativas, así como a Concellería/as a onde vai dirixido; e que se establecese unha contía predeterminada para actuación non inferior a 3.000 euros nin superior a 6.000 euros.

Dita moción foi rexeitada co voto en contra dos oito concelleiros/as do grupo de goberno. A concelleira de Espazo Común e mailos/as edís do BNG votaron a favor, mentres que os/as concelleiros/as do Partido Popular abstivéronse.

Moción para paliar as consecuencias da “marea plástica”

Na segunda moción, que foi presentada polo grupo municipal do BNG, demándase que a Xunta de Galicia desenvolva accións para paliar as consecuencias da “marea plástica” nas costas galegas. En dita moción solicítaselle á Xunta que faga efectiva a súa colaboración cos Concellos poñendo á súa disposición de inmediato todos os medios técnicos, materiais e humanos suficientes para facer fronte á crise ambiental que están a vivir; aumente o persoal de limpeza das praias ao seu cargo, de xeito que ningún areal afectado quede sen atender; e centralice e se faga cargo de todas as xestións de reclamación de danos e resarcimento de gastos aos Concellos por parte da aseguradora do buque que provocou o accidente.

Ademais, solicítaselle que despregue todos os buques e helicópteros do Servizo de Gardacostas de Galiza para intensificar a vixilancia e actuar de inmediato; leve a cabo os estudos necesarios nos centros de investigación propios e en colaboración coas universidades galegas para determinar a composición e efectos dos plásticos, tanto na flora e fauna costeira como nas persoas; e atenda a afectación que a marea plástica puidese ter na actividade pesqueira e marisqueira das nosas rías e, como consecuencia, nos traballadores e traballadoras do mar.

Esta moción foi aprobada co voto a favor dos concelleiros/as do grupo de goberno, BNG e Espazo Común. Os/as concelleiros/as do Partido Popular votaron en contra.

Post navigation

Previous: A bisbarra aposta polo turismo en FITUR
Next: Santiago(é)Tapas forma aos baristas da cidade

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.