Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames quere destinar un millón de euros de remanentes a gastos xerais

ames pleno ordinario febreiro slide 3 febreiro 2025

O goberno municipal de Ames levará a pleno a aprobación dun suplemento de crédito financiado con remanente de tesouraría para gastos xerais por valor de 1.065.089,51 euros

Novo pleno ordinario en Ames este mércores con asuntos económicos sobre a mesa. Dada a situación de minoría do goberno municipal, terá que defender a intención de usar o remanente de tesourería para gastos xerais.

Trátase de aprobar un suplemento de crédito financiado con remanente de tesouraría para gastos xerais por valor de 1.065.089,51 euros. Dos datos da liquidación do exercicio 2024 despréndese que o Concello conta cun saldo de Remanente de Tesourería para Gastos Xerais positivo. A intervención municipal informa da existencia de gastos pendentes no exercicio 2024. Para cubrilos faise necesario  dotar crédito no orzamento de 2024 prorrogado para 2025.

No apartado económico tamén haberá que debater sobre o acordo polo que se establece o sistema de fiscalización limitada previa, no que se establece o réxime de fiscalización e intervención limitada previa de requisitos básicos dos gastos e obrigas do Concello de Ames e das entidades do seu sector público suxeitos a función interventora que puidesen existir nun futuro, de acordo con o artigo 13 do RD 424/2017.

Trátase das modificacións introducidas na lei e que regulan o control que desde intervención faise da xestión dos fondos do concello. Tedes a lei no seguinte enlace https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2017-5192

Subsanación de erros de obras no Milladoiro

O pleno abordará a ratificación do decreto da Alcaldía de Ames 1240/2021 sobre a subsanación de deficiencias na redacción do proxecto das obras de acondicionamento da rúa Agro da Vella (O Milladoiro) incluído no POS+2025.

Os servizos técnicos da Deputación da Coruña comunicáronlle ao Concello que era necesario facer diferentes modificacións de índole técnico no proxecto presentado, que non implican variación algunha no obxectivo, tipoloxía e presuposto do mesmo.

Subvención para o programa Galicia Abriga

Outro dos temas será a modificación da base número 50 de execución do Orzamento municipal do exercicio 2024, prorrogado para 2025, para incluír unha subvención nominativa de 2.000 euros á entidade Solidariedade Internacional de Galicia, que realiza o programa Galicia Abriga de acollemento a mulleres defensoras de dereitos humanos.

Por outra banda, vaise a tratar a ratificación do decreto da Alcaldía de personación e defensa do recurso contencioso administrativo PA 179/2025 contra a desestimación de recursos de reposición relativos á décimo segunda modificación RPT, que foi aprobada en pleno no pasado mes de decembro de 2024.

Tamén se abordará a elección de xuíz/a de paz substituto 2025. Durante o prazo de presentación de solicitudes de quince días hábiles, que comprendeu do 11 ao 31 de marzo de 2025, ambos inclusivos, presentándose dúas instancias. Ambos solicitantes cumpriron os requisitos esixidos, pero unha vez realizada a pertinente valoración de currículos proponse como xuíz de paz substituto do Concello de Ames a Silvia Gallego Reiriz.

Modificación da ordenanza reguladora do servizo de taxis

Outro dos temas a debater será a aprobación inicial da modificación (revisión excepcional de tarifas) da ordenanza reguladora do servizo de taxis do Concello de Ames. As tarifas aplicables aos servizos urbanos de taxi serán as fixadas en dita ordenanza, mentres que as tarifas dos servizos interurbanos serán as fixadas pola consellería competente en materia de transportes da Xunta de Galicia. As tarifas deberán figurar nun lugar visible para as persoas usuarias dende o interior do vehículo. A percepción mínima inclúe 1.400 metros ou tempo equivalente.

Por último, tratarase a concesión da medalla do Concello de Ames 2025 a Antonio López Díaz, catedrático de dereito financeiro e tributario pola Universidade de Santiago de Compostela, así como reitor desa mesma institución dende o 5 de xuño de 2018. Antonio López é veciño de Ames dende o ano 1991 ata actualidade, residindo no Milladoiro ata o ano 2002 e, dende ese ano, en Bertamiráns.

Apartado de mocións

Ademais, abordaranse catro mocións. A primeira será unha moción do grupo municipal do BNG de Ames para demandar a elaboración dun documento de planificación das inversións a realizar en instalacións deportivas. Este mesmo grupo municipal, o BNG, presentou unha segunda moción para frear o aumento do prezo dos alugueiros e facilitar o acceso social á vivenda en Ames.

Por outra banda, o  grupo municipal Espazo Común presentou unha moción para a adhesión do Concello de Ames á asociación de concellos afectados pola AP-9. Por último, abordarase unha cuarta moción do grupo municipal socialista para a preservación do entorno da Ponte Maceira.

Post navigation

Previous: Un proxecto de diversidade e igualdade en Touro elixido pola Federación Española de Municipios e Provincias
Next: 437 persoas teñen máis de 5 inmobles en Compostela

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.