займ срочно

Pleno de regulamentos no concello de Ames

0

Bisbarra, 2 de novembro do 2022 – Ames celebrou o pasado xoves o pleno ordinario de outubro no que se aprobaron distintos regulamentos, ordenanzas e expedientes de obras.

O pleno comezou aprobando por unanimidade o proxecto modificado de acondicionamento e mellora térmica da cuberta da escola infantil O Bosque e a do proxecto da obra de melloras básicas das condicións térmicas e acústicas do pavillón do Milladoiro. Son dous cambios menores de tipo formal que non alteran o deseño e custos das obras.

A continuación aprobáronse, tamén por unanimidade, modificación puntual do regulamento dos programas de conciliación (Bos días coles, Comedores escolares e Tardes divertidas), dos programas lúdicos, e da Escola de verán. Os cambios están dirixidos a facilitar as tramitacións electrónicas salvo en casos excepcionais.

Tamén se levaron a pleno os cambios nas ordenanzas de impostos sobre vehículos e de bens inmobles. No caso dos vehículos de tracción mecánica a modificación afecta á exención do imposto para persoas con discapacidade e a bonificación dos vehículos en relación coa emisión de C02. Este punto saíu adiante co voto a favor do grupo do goberno, dos concelleiros e concelleiras do Partido Popular e do concelleiro do grupo mixto, Quique Costas, de Ames Novo. Emitiuse un único voto en contra que foi o do concelleiro do grupo mixto, José Ramón Oulego, de Ciudadanos.

Na ordenanza de bens inmobles os cambios están relacionados coas bonificacións na cota do imposto en favor de inmobles nos que se tiveran instalado sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía que provén do sol. Dita bonificación está condicionada a que as instalacións para a produción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación concedida pola administración competente. Este punto foi aprobado por unanimidade.

Recoñecemento extraxudicial de crédito

Ademais, aprobouse por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 48.126,80 euros para o pago de facturas de distintos tipos e relacionadas co funcionamento xeral do concello.

Tamén se aprobou por unanimidade o incremento da contía para gratificacións, horas extras e horas complementarias. Dito incremento será de 65.000 euros, que se sumarán aos 225.000 euros asignados inicialmente no orzamento de 2022.

Moción por vía de urxencia sobre o Día mundial da infancia 2022

Por último, abordouse unha moción por vía de urxencia sobre o Día mundial da infancia 2022, que foi aprobada por todos os grupos da Corporación como declaración institucional.

En dita declaración recóllese que o Concello de Ames únese, con motivo do Día Mundial da Infancia, a UNICEF Comité Galicia, baixo o lema “dereitos e emocións”. Asegurar a consecución dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes é unha cuestión colectiva e de obrigado cumprimento. Cando un neno ou unha nena ve limitada a satisfacción dos seus dereitos, o impacto no seu benestar emocional é directo. Por iso, as cidades e pobos, como comunidades máis próximas á infancia, temos un rol fundamental en asegurar que os nenos e as nenas que viven na nosa localidade sentan emocionalmente satisfeitos e felices de vivir nela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies