займ срочно

Ames disporá de máis de un millón de euros grazas ao Plan Único da Deputación

0

Bisbarra, 15 de febreiro do 2023 – O concello de Ames aprobou en pleno o destino do cerca de millón de euros do que disporá grazas ao Plan Único da Deputación entre a anualidade 2023 e a complementario do 2022.

Os investimentos da Deputación destinaranse na súa maior parte a investimentos. Dentro das partidas resérvanse 100.000 para gastos correntes e algo máis de 11.000 para redución de débeda con entidades financeiras. O concello contará ademais con 157.314 euros para gasto social.

O Plan Único 2023 foi o primeiro en ser debatido e aprobouse por unanimidade. Algunhas das obras que inclúe son a pavimentación de viarios no núcleo de Framil (Biduído) e maila mellora da seguridade viaria en Frenza (Tapia).

Coa partida da Deputación correspondente aos remanentes do 2022 sufragaranse actuacións como a pavimentación de viarios no núcleo de Cortegada (Ameixenda) e maila pavimentación de viarios no núcleo de Gasamáns (Agrón). Esta partida inclúe tamén  o proxecto de eficiencia enerxética na iluminación das rías anexas ao parque empresarial Novo Milladoiro. Con esta actuación preténdese continuar coa implantación do aforro enerxético en todo o municipio.

Plan complementario de 2023

O Plan complementario de 2023 inclúe investimentos financeiramente sostibles. Con cargo a esta partida preténdese executar nove proxectos que contan cun orzamento base de licitación total de 1.636.548.80, euros.

Continuando coas melloras no rural contémplase a pavimentación de viarios en Oca, na parroquia de Ames; no núcleo de Mourigade, na parroquia de Bugallido; e maila pavimentación en O Galiñeiro, na parroquia de Agrón.

Tamén se actuará en viarios de comunicación entre lugares como o proxecto de mellora de seguridade viaria de O Mercuto a Quintáns na parroquia de Ameixenda; a estrada de Capeáns a Pousada, na parroquia de Covas; ou na mesma parroquia a realización das beirarrúas dende Covas ao Lombao.

Nunha liña similar, pero dentro dun ámbito máis preto aos núcleos urbanos, están previstas as obras da pavimentación da rúa Juan Bueno Bueno e de viarios no Castro, ambas as dúas obras na parroquia de Ortoño. Por outra banda acometerase a adecuación dunha nave existente para a implantación dunha cociña central, coa pretensión de darlle servizo aos comedores escolares de Ames.

POS+ Adicional 1/2023

O Plan POS adicional 1/2023 da Deputación, destinado a gasto social, foi tamén aprobado por unanimidade. En el destinaríanse 111.084,18 euros ao reforzo de persoal (técnico e/ou administrativo) adscrito aos departamento de servizos sociais co obxectivo de apoiar ao equipo de persoal actual e/ou facilitar a tramitación urxente das prestacións obxecto deste plan e axilizar a atención social profesional necesaria en situacións de risco para persoas vulnerables.

O importe restante, que ascende a 46.229,84 euros, dedicaríase á ampliación e dotación de partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás persoas soas ou familias en risco de exclusión social: maiores, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión social ou vítimas de violencia de xénero, cando eles/as e as persoas ao seu cargo, carezan de medios económicos suficientes para asegurar a cobertura das necesidades básicas: vivenda, alimentación, electricidade, educación, gastos médicos ou farmacéuticos, transporte, e aqueles que consideren os servizos sociais municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies