Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

O pleno de Ames evidencia os problemas do comedor de Ventín

1000074790

Ao feito de comer no vestíbulo súmanse as humidades do espazo. Os pais quéixanse ademais do diminución da cantidade de comida que reciben os nenos.


Como contamos non hai moito (ver nova) o comedor de Ventín, en Ames, esta situado este curso no vestíbulo do colexio e nos corredores anexos. Á preocupación dos pais polo espazo en si mesmo súmase o feito de ser unha zona de evacuación en caso dunha emerxencia.

Agora outra queixa toma forma entre a comunidade escolar que ten que ver coa cantidade de comida que reciben os nenos, segundo os pais menos da que se servía. Ps dous temas chegaron ao pleno de este xoves, quedando nas actas reflectidas as respostas do equipo de goberno.

Con respecto á problemática que supón que o vestíbulo se use como comedor a concelleira de educación, Carmen Porto, explicaba, a preguntas da concelleira de Espazo Común Luísa Fejoo, que foi unha imposición da Xunta de Galicia.

Porto engadía que esta semana pintaron as paredes xa que teñen un alto grao de humidade debido a filtracións do tellado, problema que a Xunta non asume.

Na mesma resposta Carmen Porto aseguraba que, en canto á comida que reciben os cativos, non hai cambio de ningún tipo e que ela como concelleira responsable está atenta a ese tema.

Estas declaracións foron replicadas pola voceira do Partido Popular, Oliva Agra, que aseguraba “todo o mundo sabes que os nenos están comendo menos”. A intención de responder da concelleira Carmen Porto foi coratad polo alcalde, BLas García, quen explicou que o feito de estar comendo no vestíbulo condicionaba o servizo, que intentaran que o colexio cedera a biblioteca pero non foi posible, e que o estreitamento do espazo polo que pasan os monitores cos carriños tamén condiciona todo

A resposta parece suxerir que o feito de que haxa menos espazo para que pasen os carriños de comida fai que a cantidade que se reparte sexa menor, o cal resulta un tanto absurdo.

Tedes o pleno completo na canle de youtube do concello

Ventín unha vez máis

O problema persiste e as queixas dos pais seguen chegando a este xornal pero tamén aos partidos político segundo o visto no pleno. Ventín unha vez máis en medio dunha polémica.

Pasou coas modificacións da ordenanza de comedores no 2023; coa relación coas ANPAS que levou a pleno un intento de reprobación da concelleira de educación, Carmen Porto, que finalmente non saíu adiante;  un episodio de gastroenterites nos comedores que cuestionou a transparencia do goberno municipal e a colocación do comedor este curso que foi da aula da orientadora á de usos múltiples acabando no vestíbulo e cunha proposta para que se sitúe na biblioteca, proposta non aceptada desde o Consello Escolar.

Hai que lembrar que ao pouco de abrir o comedor quedouse pequeno e comezaron obras de ampliación, en aquel momento usáronse módulos prefabricados como solución temporal, algo ao que xa apuntou o actual alcalde, Blas García, pero polo momento o problema e o malestar da comunidade escolar continúa.

Post navigation

Previous: Volve o Fairway a Compostela para celebrara os seus dez anos de vida
Next: Teo presenta a Feira do San Martiño

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.