Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

O pleno de Ames debate sobre as notificacións aos concelleiros

O pleno de Ames aprobou unha modificación do Reglamento de Ordenación Municipal que tenta resolver os problemas de notificacións do ano 2019.
ames-pleno-municipal-abril-slide-2-de-maio-2022_r

Bisbarra, 28 de novembro do 2022 – O pleno de Ames aprobou unha modificación do Reglamento de Ordenación Municipal que tenta resolver os problemas de notificacións do ano 2019.

Dous plenos case seguidos acabaron no xulgado en decembro do 2019, tal como contamos en Lindeiros. En aquela ocasión xulgado non considerou que as notificacións vía whatsapp foran suficientes. A modificación aprobada fai que mera recepción da notificación sexa considera como recibida pola persoa a quen vai dirixida.  

Imaxe de arquivo

O punto foi aprobado co voto a favor dos membros do Goberno municipal e do concelleiro do grupo mixto, Quique Costas, de Ames Novo. En contra votaron os concelleiros e concelleiras do grupo municipal popular e mailo concelleiro do grupo mixto, José Ramón Oulego, de Ciudadanos.

José ramón Oulego, de Ciudadanos, explicou o seu voto negativo en base a que a lei de procedemento administrativo 39/2015 indica que as notificacións serán consideradas recibidas cando sexan abertas e co novo regulamento isto non queda acreditado. Unha lagoa que pode no futuro ter consecuencias. De feito Oulego indicaba que unha mera frase que dixera “si en dous días o mail non é aberto darase por comunicado” resolvería a situación. Na mesma liña mostrouse Pablo Beiroa do Partido Popular.

En esta modificación tamén se contempla un cambio relativo ao papel do alcalde no caso de empate nas votacións. Mentres que algunha Lei indica que o papel do alcalde presidente é dirimir as cuestións co seu voto no caso de empate por outra banda queda a cuestión de que sucede si o alcalde presidente decide, en esas situacións, absterse xa que é un dereito que ten como concelleiro. Tanto PP como Ciudadanos consideran que o seu papel é resolver e o resto da corporación que ten o mesmo dereito que o resto dos concelleiros. A modificación vai no sentido que nunha segunda votación con abstención do alcalde o punto daríase por rexeitado.  

Subida salarial

O pleno aprobou por maioría absoluta o suplemento de crédito 5/2022 con remanente de tesourería para gastos xerais. Este punto saíu adiante co voto a favor dos membros do Goberno municipal e dos concelleiros do grupo mixto, Quique Costas, de Ames Novo, e José Ramón Oulego, de Ciudadanos. Os concelleiros e concelleiras do grupo municipal popular abstivéronse.

Dito suplemento de crédito empregarase para facer fronte ao incremento retributivo adicional do 1,5% do persoal ao servizo do sector público para o ano 2022, que foi aprobado a través do Real Decreto-Lei 18/2022, de 18 de outubro. Este incremento ten efectos retroactivos, e aplicarase dende o 1 de xaneiro de 2022, o que supón un incremento das retribucións non previstas no orzamento en vigor. Tendo en conta que non cabe transferir crédito doutras aplicacións xa que nos atopamos no ultimo trimestre do exercicio no que o gasto se atopa axustado, foi necesario aprobar un suplemento de crédito para facer fronte a dita suba do 1,5%.

O importe estimado para facer fronte a dita subida salarial do 1,5% dende o 1 de xaneiro de 2022, incluíndo as cotas de cotización á seguridade social, separado por áreas de gasto e por conceptos salariais, é de 109.907,49 euros de retribucións, máis 33.974,03 euros de cotas á seguridade social, o que fai un total de 143.881,52 euros.

O concelleiro do Partido Popular de Ames, Javier Olmo, dixo que “o grupo municipal popular non tería ningún reparo en votar a favor neste punto se fose unha cuestión que afectase só ao persoal municipal, pero detectamos que dentro das partidas afectadas está o incremento do soldo dos membros do goberno. Evidentemente nós non imos apoiar isto porque parécenos que non é o procedemento axeitado que debe seguir o goberno local para incrementar as súas retribucións. Consideramos que o goberno local o que debe facer é un punto específico dentro dun pleno para abordar este tema”.  

Sobre esta cuestión a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, explicou que “o que se está facendo está aprobado no máximo órgano de decisión dunha Corporación como é o Pleno. Recórdolle que no pleno de organización celebrado en xullo de 2019 aprobáronse as dedicacións do Goberno e onde tamén se aprobou que ditas retribucións experimentarían a mesma modificación que as do resto do persoal municipal. Deste xeito, estamos dando cumprimento a un acordo do Pleno”.

Xuíz de Paz

Outro dos temas tratados foi a elección de xuíz/a de paz substituto do Concello de Ames. Este punto foi aprobado por unanimidade. O Concello de Ames recibiu unha notificación da Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se indica que o mandato de catro anos do xuíz/a de paz substituto do Concello de Ames está próximo a vencer.

OPleno aprobou as bases para dita elección. Unha vez aprobadas as bases procederase a súa exposición pública para a presentación de solicitudes por un prazo de 15 días hábiles. Examinadas as solicitudes procederase, por maioría absoluta, á elección de xuíz/a de paz substituto propoñendo o seu nomeamento ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Post navigation

Previous: Absolven ao goberno de Dodro dunha acusación de prevaricación
Next: Eleccións 23: novas formacións políticas e cambios administrativos en algunha

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.