Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

A oposición de Ames pide datos antes de entrar na Mancomunidade Serra do Barbanza

A intención do concello de Ames de entrar na Mancomunidade Serra do Barbanza, que xestiona o lixo do concello, como membro de pleno dereito, motivou un pleno extraordinario.
ames-debate-lixo-slide-16-outubro-2023_r

Bisbarra, 16 de outubro do 2023 – A intención do concello de Ames de entrar na Mancomunidade Serra do Barbanza, que xestiona o lixo do concello, como membro de pleno dereito, motivou un pleno extraordinario.

Unha sesión solicitada pola oposición para abrir un debate no que, estando todos dacordo no obxectivo, cada grupo pon os seus matices. A actual situación da Mancomunidade e o descoñecemento sobre os datos reais do custo que terá marcaban a liña entre uns e outros. A sesión completa pódese ver no seguinte enlace .

O voceiro do BNG. David Santomil, instou á Xunta de Galicia a dar resposta ás demandas da Mancomunidade que na actualidade esta ao límite da súa capacidade. Ao mesmo tempo expresou as súas dúbidas pola “falla de información por parte do goberno municipal e a incerteza que esta falta de transparencia xera na veciñanza e nos traballadores da planta”.,

Luísa Feijóo de Espazo Común mantivo un discurso moi semellante na súa intervención. Feijóo fixo fincapé na reunión mantida polo alcalde e algúns concelleiros cos traballadores da planta ““Estamos vendo que o diálogo e maila transparencia non se está aplicando a temas de especial relevancia para a veciñanza do noso concello, como é o que hoxe nos ocupa que é a posible entrada como socio de pleno dereito na Mancomunidade Serra do Barbanza, tendo que informarnos polos medios de comunicación das reunións que se están realizando con traballadores/as e coa propia Mancomunidade”.

A voceira do Partido Popular de Ames, Oliva Agra, destacou que levan moito tempo preguntando por este tema polo que o pleno si lles parecía necesario “O 30 de agosto de 2018 o Partido Popular presentou por rexistro un escrito solicitando información sobre este asunto. Cinco anos despois, sen ter coñecemento de que se fixese outro estudo posterior, parécenos moi importante o que se está debatendo e tamén nos parece importante que se acheguen datos importantes sobre a xestión do servizo de recollida de lixo en Ames, pero dende este grupo municipal sen datos non podemos debater se é mellor unha forma de xestión ou outra”.

Posicionamento do Goberno municipal

O alcalde, Blas García, foi moi crítico coa solicitude de pleno extraordinario e dixo non entender “a convocatoria porque no pasado pleno ordinario celebrado o 28 de setembro o voceiro do Bloque Nacionalista Galego preguntou cal era a posición do Goberno sobre a Mancomunidade e a miña resposta foi que, como xa se falara en anteriores mandatos, era entrar a formar parte na Mancomunidade como socios de pleno dereito. O día seguinte o BNG e ESCO presentaron unha solicitude de pleno extraordinario”.

García defendeu que a posición do goberno municipal era a entrada na mancomunidade “por varias razóns, a primeira por manter os postos de traballo que hai actualmente en dita Mancomunidade que son sobre 170 traballadores e traballadoras. Somos conscientes de que se Ames abandona a Mancomunidade perdería ao Concello maioritario coa conseguinte perde de postos de traballo”.

Sobre a necesidade de ter máis información, o alcalde dixo que ”temos que agardar a que nos conviden a entrar como socios de pleno dereito. A partir dese momento poderemos coñecer a situación real e o que temos que achegar. O que queremos é poder opinar e decidir. Loxicamente hai que elaborar uns novos pregos nos que haberá que adaptar o novo sistema á normativa europea que se estableza”.

Blas García recoñeceu que o novo contrato sería máis caro, entre outras cousas porque a normativa europea obrigará a finais do 2024 a que os servizos equiparen ingresos e gastos. Finalizou dicindo que “a entrada na Mancomunidade será debatida en pleno con datos e coa información necesaria. Eu non deslexitimo este pleno, digo que non me parece ético que un día despois de preguntar por este tema no pleno ordinario de setembro se convoque un pleno extraordinario porque existen outras vías”.

O voceiro do BNG, David Santomil, rematou dicindo que “a  convocatoria deste pleno xa foi positiva porque xa sabemos que imos dispoñer de información e datos para debater a entrada de Ames na Mancomunidade. Ademais, coñecemos o posicionamento de cada grupo municipal sobre este asunto, algo que tamén é importante”.

Post navigation

Previous: Os novos aparcamentos no Clínico pendentes dun estudo de mobilidade
Next: Samaín e magosto o 31 de outubro en Padrón

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.