Bisbarra, 26 de setembro do 2024 – A debatida humanización da travesía do Milladoiro será protagonista do pleno de Ames cunha moción asinada por toda a oposición.
A moción de urxencia que presentan BNG, Espazo Común e Partido Popular deixará á vista unha vez máis a minoría do grupo de goberno socialista. En este caso a oposición apoia aos veciños que protestan estes días contra a humanización da travesía do Milladoiro.
No documento BNG, PP e EC solicitan “que se inste ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a paralizar as obras temporalmente ata que haxa solucións alternativas viables ao fluxo de tráfico desviado polas obras”.
Nun segundo apartado engaden a demanda de que o goberno municipal convoque “á maior brevidade unha xuntanza ca Plataforma N550, a veciñanza e o comercio para trasladarlles a toda a información da que dispoñen sobre o desenrolo das obras e todas aquelas cuestións que lles poidan
afectar, a habilitar zonas de aparcamento alternativas que alivien a perda de prazas e a que dende a Concellaría de Promoción Económica se convoquen axudas directas para o comercio afectado polas obras e durante a duración das mesmas”.
O goberno pola súa banda presenta tamén unha moción que, de xeito colateral, ten que ver coa humanización do Milladoiro. O grupo municipal socialista que instar a que o goberno do Estado estableza a gratuidade do tramo da AP-9 entre Santiago de Compostela e Padrón, unha vella demanda que en algún momento completábase coa posibilidade de habilitar unha saída en Calo, pola zona onde está a actual peaxe.
En calquera caso ambas as dúas mocións teñen garantida a aprobación pero a súa aplicación é algo que teremos que ver nas seguintes semanas. A gratuidade da AP-9 precisa dunha burocracia que dilataróa moito a súa posta en marcha e a suspensión das obras non parece que sexa algo factible a día de hoxe. Só a reunión coa veciñanza parece algo realizable a curto prazo xa que depende en exclusiva do goberno municipal.
Outros tema
O Pleno debaterá tamén a aprobación do estudo de viabilidade da concesión de obra para a construción da instalación deportiva municipal do Milladoiro; a cuarta modificación do Plan estratéxico de subvencións do concello; a primeira modificación do contrato do servizo de limpeza integral nas instalacións dos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias; e a aprobación do convenio e encomenda de xestión ao Concello de Teo para a prestación do servizo de atención temperá
O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames a partir das oito e media da tarde de hoxe xoves 26.