Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames perde 120000 euros por un “despiste”

ames-pleno-ordinario-setembro-slide-30-setembro-2024_r

Unha pregunta do BNG desvelou que se trata dunha subvención destinada ao servicio de conciliación. Espazo Común denuncia que este servizo precisamente ven de subir as taxas por non ser sostible economicamente.

Imaxe de arquivo

O apartado de rogos e preguntas do pleno ordinario de Ames deixou unha nova da que se falará nos vindeiros días. O equipo de goberno non aproveitou a posibilidade, perdeu, de obter unha subvención de 120.000 euros para conciliación.

A pregunta foi presentada por Rosalía Seijas do BNG e a resposta do alcalde foi que “debido a un despiste non se presentou a solicitude”. Blas García lembrou que no 2023 sucedera o mesmo pero Seijas respondeu que en aquel momento tiveran a oportunidade de subsanar o erro cousa que agora xa non é posible, García rematou dicindo que se compensarían con fondos propios.

A secuencia do sucedido a podedes ver a continuación

Un servizo que ven de subir as taxas

Tras o pleno Espazo Común emitía unha nota de prensa na que consideraba que este feito “resulta especialmente grave, sobre todo si temos  en conta que o propio goberno municipal xustificou recentemente unha subida de taxas para o próximo curso neste mesmo servizo alegando o seu carácter deficitario e que era necesaria para seguir prestando o servizo, aínda en contra do voto das familias”

Para Espazo Común o máis preocupante é que “a única explicación ofrecida a este grave prexuízo económico para o concello e sobre todo para os veciños e veciñas de Ames  é que foi un simple despiste”.

Post navigation

Previous: Varias parroquias de Touro sen auga durante días
Next: Parolando con Sole Felloza, fundadora do Festival Atlántica

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.