Bisbarra, 23 de maio do 2024 – A avaria dun colector en Ames deixa no paseo fluvial de Bertamiráns, e mesmo no río Sar, augas fecais,

A denuncia parte do Partido Popular de Ames que ven de presentar un escrito pedindo o arranxo do colector de augas fecais que acaban chegando ao paseo por culpa da avaría. Os populares aportan ademais unha imaxe de mostra do estado do lugar.
A voceira do PP de Ames, Oliva Agra, explica que “O paso do río por Bertamiráns é unha gran oportunidade para ofrecer un lugar de ocio unido á natureza ós preto de dez mil habitantes desta localidade. E os veciños ven como en vez de realizar melloras cada vez sofre un abandono máis notable”.
O grupo engade que “O PP de Ames seguirá nesta loita aínda que sabendo que esta loita é como unha historia que nunca remata. O PP de Ames está farto de reclamar arranxos no paseo fluvial de Bertamiráns, que en moitas ocasións semella máis ser unha selva que un lugar ideal para o ocio”.
Destacan as deficiencias nas luminarias ou o abandono da vexetación “que se suman a outros atrancos que non son atendidos polo goberno municipal”.
