Ames, 31 de xullo do 2020 – O Milladoiro forma parte xa dun novo Camiño de Santiago que una á capital con Corrubedo, lugar ao que chegou a barca cos restos do Apóstolo.
Desde o pasado domingo distintos peregrinos percorreron esta nova ruta. Con eles a Mochila viaxeira portando unha luz en homenaxe aos mortos polo Covid 19. Ao paso polo Milladoiro colocaron unha placa na rúa Viorneira coa colaboración da Asociación Palmira Bulevar. Alí o presidente da nova Asociación A Orixe, Manuel Mariño, explicaba como nacía a idea
Xunto a Mariño estiveron presentes a concelleira do Partido Popular, Oliva Agra, e o Presidente de Palmira bulevar, José Manuel Fernández. Deste xeito o Milladoiro forma parte dunha nova ruta que se engade ao Camiño Portugués polo que transitan cada día centos de peregrinos.
A orixe de tódolos camiños
Corrubedo é, según a tradición, o lugar ao que chegou a barca portando os restos do Apóstolo, é polo tanto a Orixe de todo. Na última xornada do camiño a Mochila Viaxeira estivo acompañada polos alcaldes de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira convertendo aos integrantes do colectivo “La Luz del Camino” nos primeiros peregrinos desta ruta xacobea.
Dende a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa colocouse unha placa conmemorativa da primeira peregrinación no atrio da Igrexa de Corrubedo.

