Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames aproba de xeito inicial o orzamento para o 2024

O concello de Ames somete estes días a exposición pública o orzamento anual despois de aprobalo, de xeito inicial, nunha sesión extrardinaria.
ames-orzamentos-slide-28-febreiro-2024_r

Bisbarra, 28 de febreiro do 2024 – O concello de Ames somete estes días a exposición pública o orzamento anual despois de aprobalo, de xeito inicial, nunha sesión extraordinaria.

O orzamento xeral de 2024 ascende a 32.568.424,74 euros. Educación, servizos sociais, e servizos básicos quedan reforzadas xa que son todas partidas que crecen con respecto ao exercicio anterior. Tanto PP como Espazo Común votaron en contra e o BNG abstívose; ao repetirse estes votos en dúas ocasións, foi o voto de calidade do alcalde o que acabou por decidir e permitir a aprobación do documento.

En este punto incluíuse tamén o orzamento da Entidade Publica Empresarial Augas de Ames. O seguinte punto da orde do día foi a aprobación da masa salarial do persoal laboral do Concello de Ames e de Augas de Ames para o exercicio 2024. Este punto foi aprobado co voto a favor dos 15 concelleiros e concelleiras do grupo de goberno e do Partido Popular de Ames. Os 6 concelleiros e concelleiras do grupo municipal do BNG e de Espazo Común abstivéronse.

A concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís, destacou que “é o oitavo  orzamento municipal consecutivo, e o primeiro para min como concelleira de Asuntos Económicos, e quero agradecer o traballo feito pola concelleira anterior, Genma Otero. O orzamento é a ferramenta que nos permite levar a cabo políticas públicas e traballar para  Ames. Este orzamento segue a mesma liña e criterios que os orzamentos de anos anteriores, aumentando aquelas partidas que o precisan, xa que para este goberno o benestar dos veciños e veciñas de Ames é o primeiro. Destacar que é o orzamento máis alto de todos, con un importe total de 32.568.424, 74 euros no que se inclúe o orzamento da EPEL, a entidade pública empresarial Augas de Ames”.

Señarís engadiu “este orzamento segue a blindar as tres áreas máis importantes para a veciñanza, como son a área de Servizos Básicos, a área Educativa e a de Servizos Sociais, promovendo actuacións e investimentos que melloran a calidade de vida das nosas veciñas/os con investimentos en infraestruturas básicas, tanto nos núcleos urbanos coma no rural, mellora nos servizos de conciliación, así como na atención dos nosos maiores e promoción da saúde. Todo isto acompasado con políticas de gasto que aumentan e reforzan o resto das áreas con programas de fomento do emprego, promoción e fomento do deporte, dinamización comercial e promoción turística, dinamización e ampliación das actividades culturais, desenvolvemento de políticas para a xuventude, programas de coñecemento e coidado do noso medio, actividades de mellora da comunicación e transparencia e de promoción da nosa lingua, reforzo da seguridade, etc”.

Intervención dos partidos da oposición

A concelleira de Espazo Común, Luísa Feijóo, explicou que se trata dun orzamento continuista. “Din que son uns orzamentos de esquerdas, pero uns verdadeiros orzamentos de esquerdas non baixan a partida de acción social, nin permite que desapareza nominalmente a promoción da igualdade. Tampouco se incrementarían os prezos dos servizos e incluiría unha partida de participación. Este goberno confórmase con que Ames sexa un Concello prestador de servizos. Lembremos que se queremos que Ames sega medrando, hai que seguir ofrecendo servizos de calidade aos nosos veciños e veciñas”.

O voceiro do BNG de Ames, David Santomil, comezou a súa intervención lanzado a pregunta de “se os Concellos teñen a capacidade para innovar na elaboración dun orzamento. Nós cremos que non, porque o 85% do orzamento xa está comprometido entre o capítulo de persoal e mailo capítulo de gasto corrente que é o que financia os servizos municipais e mailos contratos que xa están adxudicados. Un orzamento é a principal ferramenta de acordo político que ten un Concello e nese sentido hai que ter altura de miras e afrontar a negociación con diálogo e responsabilidade, pero tamén con transparencia, para nós isto é algo fundamental. Este é un orzamento que ten a mesma estrutura e que é continuista respecto ao dos anos anteriores, no que o grupo municipal do BNG formaba parte do goberno municipal. Este é un orzamento necesario para facer política de esquerdas, como fixemos en anos anteriores, a pesar de que modificaran a composición do goberno”.

David Santomil tamén dixo que “dende o BNG destacamos dúas grandes áreas. En primeiro lugar o aspecto social. Aí queremos facer especial fincapé na política de vivenda pública e nas actuacións ligadas ao ámbito da mocidade, que teñen que estar reflectidas nos orzamentos. Tamén nos parece fundamental o benestar para os nosos maiores, a creación de emprego e maila innovación, e por suposto, darlle continuidade á Axenda Urbana. Na segunda área destacamos a prestación de servizos. O Concello de Ames é un Concello prestador de servizos. Ames ten máis que identificado que cos seus servizos de conciliación e educación atrae poboación nova. Resulta indispensable fortalecer os programas de conciliación deste concello que son a nosa bandeira. Tamén é indispensable que haxa un compromiso firme coa Mancomunidade Serra do Barbanza, coa cultura, deporte e fomento da lingua galega”.

A voceira do Partido Popular de Ames, Oliva Agra, destacou que “son uns orzamentos continuistas, a pesar de mudar o goberno, de tripartito a un goberno en minoría en solitario. A verdade é que nos esperabamos uns orzamentos distintos para este concello, polo que non deixan de ser decepcionantes e continuistas, do anterior goberno socialista co BNG e Podemos. De feito, determinadas actuacións significativas deste orzamento correspóndense coa subida de taxas. A estimación de ingresos é demasiado optimista, no sentido de que se finalmente non se recadan os importes previstos, haberá consecuencias para a estabilidade financeira do concello. Todos os capítulos de ingresos se caracterizan polo incremento. No capítulo 1, impostos directos: aumenta a recadación por IBI a 250.000 euros. Porén, é importante sinalar que neste ano Audasa xa non disporá da bonificación que viña tendo polo IBI da AP-9, polo que se recadarán 16.000 euros máis.  O resto, 235.000 euros, saen directamente do peto dos veciños de Ames”.

Oliva Agra engadiu “o que se destina a benestar comunitario redúcese en 1.100.000 euros, e en servizos sociais tamén se reducen 300.000 euros. En comercio, turismo e pequenas empresas, redúcese o rozamento en 260.000 euros. Tendo en conta que xa de por si o que se destina a promoción do comercio en Ames é escaso, peor aínda o recorte deste ano. Polo que queda clara a postura deste goberno con respecto ao desenvolvemento do comercio local: non é unha prioridade, a pesar de que nos vendan o contrario. Son os orzamentos do novo goberno en minoría, pero son uns orzamentos idénticos aos do goberno tripartito. Non son uns orzamentos de cambio. Non son uns orzamentos nos que se apuntalen os servizos públicos nin se pretenda mellorar o día a día dos veciños. Son os orzamentos de sempre”.

Post navigation

Previous: A Deputación inviste 270.000 euros na contratación de técnicos deportivos en 20 concellos da bisbarra
Next: A Baña celebrará a Festa da Filloa da Pedra o 17 de marzo

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.