Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ortoño acolle un concerto de campás e dúas charlas sobre a súa historia

Ortoño, en Ames, acolle este venres unha xornada dedicada á historia das campás con dúas charlas e un concerto.
S-Julian-de-Bastavales-Brion-1-slide_113516_r

Bisbarra, 28 de decembro do 2022 – Ortoño, en Ames, acolle este venres unha xornada dedicada á historia das campás con dúas charlas e un concerto.

Será no adro da igrexa de San Xoán de Ortoño as cinco da tarde. Organizado pola Asociación Cultural Campaneiros de Galicia, o concerto leva por título “As campás, o son do Camiño” e servirá para a inauguración da recente reposición da terceira campá da igrexa parroquial de Ortoño e da instalación dunha cuarta, de volteo, que completa o campanario.

O concerto busca responder á pregunta “que é o que escoita un peregrino dende que se levanta pola mañá ata que se deita pola noite?” baixo o lema “Descubre o son das campás ao longo do Camiño de Santiago”. Para iso, no recital interpretaranse numerosos toques empregados polos campaneiros ao longo da historia: dende os máis habituais, como os utilizados nas eucaristías, ata os máis tradicionais, que actualmente están fóra de uso, como os que regulaban a vida civil ata o século XX.

Os integrantes da asociación reproducirán o toque de alba, o de Ángelus, ou o de lume, entre outros, simbolizando os momentos nos que as campás indicaban, por exemplo, o momento de erguerse ou de facer unha parada na xornada de traballo; pero tamén outros máis específicos, como unha emerxencia ou a chegada dunha tormenta.

Por outra banda, no reitoral ofreceranse dúas charlas duns quince minutos cada unha. A primeira delas, a cargo de Estanislao Fernández de la Cigoña, versará sobre a historia das campás. Fernández de la Cigoña, naturalista e investigador, foi fundador e presidente da Asociación Galega para a Cultura e Ecoloxía, e os seus achegamentos nos ámbitos da natureza e a etnografía galega son de gran valía. En concreto, ao longo da súa carreira profesional ten feito especial fincapé nas mostras de iconografía relixiosas e no seu impacto no territorio galego.



Seguidamente, José Enrique López Ocampo, último fundidor de campás de Galicia, explicará como é o seu proceso de fabricación, dende a creación con barro e bronce ata a colocación no campanario. Ocampo, descendente dunha familia de Arcos da Condesa adicada á fundición de campás dende o século XVII, mantén na actualidade o último dos talleres artesanais de fabricación de campás que existe en España.

Para obter máis información sobre o toque manual de campás, que o 30 de novembro deste ano foi declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, pódese consultar a páxina web da parroquia de Ortoño premendo nesta ligazón.

Post navigation

Previous: A xustiza segue dando a razón á veciña de Grixoa que reclama unha traída de auga pública
Next: Un recurso volve a paralizar unha licitación no concello de Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.