Bisbarra, 5 de novembro do 2024 – A Xunta de Goberno Local do concello de Ames vén de aprobar a Oferta de Emprego Público 2024.
A oferta de Ames recolle 15 prazas das que 13 son de quenda libre e 2 de promoción interna. Estas prazas constan como vacantes na plantilla do concello e o seu custo está consignado nos orzamentos de este ano. Na oferta hai 6 destinadas a persoal laboral e nove de funcionarios e inclúe a reserva habitual destinada a discapacidade. A oferta será agora publicada no BOP.
As prazas de quenda libre incluídas en dita oferta son 1 praza de peón de limpeza viaria (persoal laboral); 5 prazas de auxiliar administrativo/a (persoal funcionario); 1 praza de administrativo/a (persoal funcionario); 1 praza de policía local (persoal funcionario); 1 praza de arquitecto/a técnico (persoal funcionario); 1 praza de profesor/a de percusión/batería (persoal laboral); 1 praza de profesor/a de violín (persoal laboral); 1 praza de profesor/a de frauta (persoal laboral); e 1 praza de profesor/a de saxofón (persoal laboral).
Por outra banda, na oferta de emprego público de 2024, pola quenda de promoción interna inclúense dúas prazas: 1 praza de administrativo/a (persoal funcionario); e 1 praza de conserxe de centro de ensino (persoal laboral). O concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández, explica que “nesta oferta de emprego público recóllense as prazas que están vacantes na plantilla do Concello de Ames e consignadas nos Orzamentos de 2024, así como as prazas que deben destinarse tanto a promoción interna como a quenda de discapacidade”.