Bisbarra, 5 de outubro do 2022 – O concello de Ames, a través da Oficina do Voluntariado, organiza un obradoiro de viticultura e horticultura.
O prazo de inscrición xa está aberto acudindo á Oficina de Voluntariado, situada nas Casas da Cultura, ou chamando ao 662 377 044. O obradoiro de viticultura e horticultura comeza o vindeiro 10 de outubro e impartirase todos os luns no Milladoiro, as oito da tarde.
O día 10 esta actividade tratará todos os aspectos referidos ao cultivo e á saúde do viñedo como, por exemplo, as castes propias de Galicia, os marcos de plantación máis axeitados, as distintas maneiras de guiar os bacelos ou as técnicas de poda que se deben aplicar.
Este ano ademais o curso tamén abondará sobre o mundo da horticultura. Así, o seminario de viticultura supón unha maneira formidable de mellorar as explotacións vinícolas e hortícolas, tanto profesionais como domésticas.
As aulas realizaranse na aula de usos múltiples da Casa da Cultura do Milladoiro. O seminario estenderase entre os meses de outubro a xuño.