Ames, 19 de agosto do 2017 – O Grupo Municipal Iniciativa Cidadá-Ames Novo ven de denunciar unha vertedura de derivados lácteos a un dos afluentes do Tambre ao seu paso por Agrón , Rego da Pateleira.
[columns]
[column size=”2/3″]Como se pode observar no vídeo tomado por Ames Novo, un líquido de cor branca irrompe no Rego da Pateleira que baixa limpo ata ese punto, no que unha canalización de cor laranxa oculta entre unhas pedras de gran tamaño verte de forma continuada.
Según Ames Novo estes feitos puxéronse en coñecemento do 112, Policía Local e Garda Civil o día 16 de agosto. Presentouse no lugar dos feitos de xeito inmediato unha patrulla da Garda Civil do Milladoiro os cales tomaron nota da situación, pero as verteduras continúan producíndose.[/column]
[column size=”1/3″]
Vídeo rodado por Ames Novo[/column]
[/columns]Ames Novo explica tamén que “despois de falar con técnicos e especialistas no tratamento e procesado de residuos, infórmasenos que probablemente sexa lactosoro cunha importante carga de materia orgánica que durante a súa descomposición pode rematar co osíxeno dese regato e polo tanto con calquera forma de vida que nel puidese existir. Así mesmo, indícasenos que de tratarse desta substancia o seu tratamento sería moi doado”.
A iniciativa cidadá de Ames di no seu comunicado que “non é comprensible que unha empresa como Feiraco poña en risco un ecosistema tan fráxil como é un regato, ademais de incumprir a legalidade dado que de acordo coa lexislación vixente está totalmente prohibidas as verteduras de residuos orgánicos á rede fluvial”.
Dende Ames Novo reclaman á empresa que cese de inmediato coas verteduras e esixen que as autoridades e administracións competentes actúen de forma inmediata para poñer fin a este problema ambiental.