Ames, 28 de xullo do 2017 – Ames Novo trasladou ao goberno o seu malestar por falta de información sobre as propostas de alternativas ao actual transporte metropolitano.
A voceira de Ames Novo, Pilar Candocia, explicou en rolda de prensa que consideran unha falta de consideración que non se conte cos grupos da oposición para realizar propostas consensuadas sobre o transporte público.
En distintas ocasións Ames Novo recolleu as queixas e demandas dos veciños sobre cuestións como o servizo de transporte no rural, as paradas ou as horas de fin do servizo e reclama información sobre as reunións mantidas con outros concellos e explicacións de porque non se recolleu a opinión da oposición antes de ir a elas.
25 de Xullo
Ames Novo critica tamén o xeito de organizar o acto que se celebrou o 26 de xullo e que conmemoraba o Día da Patria Galega. Ames Novo explica que ata ese mesmo día non coñeceron o contido do manifestou institucional que se leu pese a que desde meses antes se advertira ao goberno municipal da necesidade de organizar este tipo de actos con tempos suficiente.
Pilar Candocia lembra que non é un acto do goberno se non un acto institucional no que ten que estar representada toda a cidadanía e polo tanto