Tras o suplemento de crédito de tres millóns de euros para gastos xerais, o goberno municipal tentará aprobar una nova partida destinada á campaña de Bonos Consuma.

Este martes Ames celebrarase un pleno extraordinario, as dez da mañá, no que se debaterá a aprobación dun suplemento de crédito, financiado con remanente de tesourería, para poñer en marcha unha nova campaña dos Bonos Consuma.
A petición ao pleno chega menos de vinte días despois de conseguir aprobar outro suplemento para gastos xerais de tres millóns de euros, un suplemento moi criticado pola oposición por ser o terceiro no que va de ano. Agora, de novo vinculado aos remanentes, búscase a aprobación dunha partida de 60.ooo euros.
Os cartos irían destinados á campaña Bonos Consuma. Esta camapaña ten como obxectivo contribuír a dinamizar as vendas e reforzar o consumo de proximidade “garantindo así o mantemento do comercio como motor económico e como servizo público de primeira necesidade”.
Esta campaña non pode demorarse ata o exercicio 2026, xa que é neste momento cando o Concello dispón do financiamento necesario. Ademais, a súa posta en marcha a finais do exercicio, coincidindo coa campaña de Nadal, permitirá incentivar que a poboación realice as súas compras no comercio local, evitando así o desprazamento a outros concellos de maior tamaño.
Renuncia Carmen Porto
Por outra banda no pleno extraordinario darase conta da renuncia de Carmen Porto Rey como concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade.
O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.
