Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

O contrato de Ames supera o medio millón de euros de investimento e ten unha duración inicial de tres anos.

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026

Ames, 08/10/2026 – O Concello de Ames presentou o novo servizo de mantemento preventivo, correctivo e técnico legal do alumeado público do concello de Ames.  Dito contrato foi adxudicado á empresa Sociedad Española de Construcciones Eléctricas SA por un importe total de 543.218,71 euros (IVE incluído).

O contrato terá unha duración de tres anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos (incluído período inicial e prórrogas). A través deste novo contrato, que se puxo en funcionamento no pasado mes de setembro, atenderanse preto de 9.000 luminarias.

O contrato de Ames tamén contempla o mantemento de cadros eléctricos e do cableado do alumeado. A empresa conta con catro técnicos vinculados a dito servizo. A veciñanza que desexe comunicar calquera avaría ou incidencia, que afecte ao alumeado público, pode chamar ou enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 662 343 015. Tamén se pode escribir ao enderezo de correo electrónico averiasalumeadoames@sece.com.

O obxecto do contrato é a prestación do servizo de mantemento, tanto preventivo e correctivo como técnico legal, das instalacións de alumeado público do concello de Ames. O servizo préstase en toda a instalación de alumeado público e iluminación monumental de titularidade municipal. Exemplos destes emprazamentos son prazas, rúas, vías urbanas, parques, aparcadoiros e outras áreas ao aire libre e de libre acceso.

4 técnicos vinculados ao servizo de Ames

Por outra banda, o delegado no concello de Ames da empresa da Sociedad Española de Construcciones Eléctricas SA (SECE), Fernando Iglesias, destacou “para nós é un contrato importante. Ames é un municipio que está sendo referente en Galicia a nivel de crecemento. Creo que é un concello que tamén intenta facer as cousas ben e con calidade. Somos unha empresa de orixe familiar e a nosa intención é dar o mellor servizo posible, para que as instalacións estean o mellor mantidas posibles, e que iso poida repercutir na calidade do alumeado público que teña a cidadanía de Ames”.

Engadiu “collemos o contrato con moitas ganas, con ganas de facelo ben, de traballar día a día e, sobre todo, da man do Concello e con boa vontade. Estou seguro que irá moi ben para todos os veciños e veciñas. En principio temos 4 técnicos que están vinculados de forma permanente aquí ao concello, algúns incluso son do propio municipio. A nosa idea de cara ao futuro é intentar que o 100% do persoal sexa de quilómetro cero, que sexan de Ames, porque creemos que iso tamén aporta valor para o propio contrato. A plantilla é fixa e 100% vinculada a este contrato”.

Eventos

En canto ao alumeado festivo, a empresa adxudicataria debe promover o abastecemento a eventos culturais, ociosos ou deportivos desenvolvidos principalmente nos núcleos do Milladoiro e Bertamiráns, aínda que tamén de xeito esporádico nas demais parroquias de Ames. Este abastecemento será mediante a instalación de cadros eléctricos conectados á liña da distribuidora ou mediante grupos electróxenos subministrados pola empresa adxudicataria.

Do mesmo xeito, a prestación do servizo comprende o mantemento preventivo e o control da iluminación, o mantemento correctivo e o mantemento técnico legal. Ademais, tamén se contemplan outros servizos asociados, como o alumeado festivo, certificados, informes, presupostos, axudas e tramitacións.

A empresa adxudicataria está obrigada a manter os modelos, características e calidades dos equipos existentes, agás nos casos nos que os servizos técnicos municipais determinen a necesidade de substitución, actualización ou mellora.

Post navigation

Previous: O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 
Next: Emprender xogando con Lego e a USC

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.