Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • eleccions 2023
  • Xeral

Eleccións 23: Ames Novo non se presentará o 28 de maio

Ames Novo non se presentará aos comicios do vindeiro 28 de maio aínda que non se disolven como formación política.
ames-novo-denuncia-slide-16-noviembre-2016_r

Eleccións 23, 12 de abril – Ames Novo, unha das mareas referentes do municipalismo no 2015, non se presentará aos comicios do vindeiro 28 de maio aínda que non se disolven como formación política.

Nun comunicado emitido onte martes, Ames Novo explica que nos últimos meses mantivo conversas con outras formacións con ánimo de recuperar protagonismo na corporación pero  “tomaron a decisión de rexeitar cada unha delas por diferentes motivos e non presentar lista evitando contribuír a unha maior fragmentación do voto da esquerda”.

Algunha fontes apuntaban a que o actual concelleiro, Quique Costas, fora tentado por Contígo Pódese que viu como Gemma Otero, actual concelleira de facenda, decidía tamén non presentarse como candidata e deixar a política. En calquera caso Ames Novo anuncia tamén “a súa decisión de non disolverse, estar presente na política local desde a base da cidadanía e traballar na construción dunha alternativa cidadá con capacidade de gobernar no horizonte de 2027”.

A formación non fai recomendación de voto de cara aos comicios pero “fan un chamado á cidadanía progresista para utilizar o seu voto de xeito que Ames poida seguir contando con un goberno de progreso fronte ás alternativas involucionistas que representan as dúas candidaturas da extrema dereita (UCIM e Vox) e a alternativa conservadora do PP”.

Quique Costas

Ames Novo conseguira catro concelleiros no período 2015 – 2019 pero a falta de acordo con Psoe e BNG levounos á oposición. A marcha no 2017 de Pilar Candocia e Chus Boo deixou ao grupo con Quique Costas como cabeza visible pero nas eleccións do 2019 só conseguiu unha acta de concelleiro. A non concorrencia confirma a morte do movemento das mareas municipais.

O grupo sen embargo mostra a súa intención de “traballar para reorganizar o espazo común da cidadanía progresista que, prescindindo de siglas, queira traballar a prol dun Ames máis centrado na xente”. Ames Novo marca o tempo posterior as eleccións como o momento de “reiniciar un proceso de confluencia das persoas, con ou sen adscrición partidaria, que desexen construír ao longo dos próximos catro anos desde a reflexión e a acción conxunta unha alternativa política cidadá, progresista e con vocación de goberno cara as seguintes eleccións municipais”.

Post navigation

Previous: Vedra acometerá esta primavera o asfaltado das pistas municipais
Next: Conversa con Edmundo Díaz; personaxe e autor de “Mamá”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.