Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Novo mercado de produtos de horta en Ames

ames mercado de horta 16 setembro 2025

Será o sábado 20 de setembro  ademais de produtos de horta contará tamén con artesanía, catas de produtos e mesmo se pensa en concursos de tapas.

O Concello de Ames contará dende o sábado 20 de setembro co seu propio mercado de produtos da horta e artesanía. Celebrarase na praza da Maía, en Bertamiráns, todos os sábados en horario de 10.00 a 13.30 horas.

Inicialmente vai contar con 11 postos de produtos frescos e artesanía, pero o prazo para solicitar un espazo neste novo mercado mantense aberto. Está previsto que durante as próximas semanas se sumen novos postos.

 Ademais o mercado contará con cata de produtos, obradoiros de artesanía e cociña e sorteo de produtos. En esta primeira edición haberá unha degustación de froita de tempada e o sábado 27 farase unha demostración de cociña a cargo do chef José Manuel Mallón.

A praza da Maía, en Bertamiráns, acolleu esta mañá o acto de presentación do novo mercado. No acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, persoal municipal do departamento de Promoción Económica, Juan Carlos Carreja e Cayetana Silva, a responsable da dinamización do mercado da empresa Mesquiteira, Carmen Freire, o presidente de XEA, Ramón Cordido, unha labrega, Nieves Dosil, e unha artesá, Cecile Chane, que van a dispor de postos.

No mercado contase con que se ofrezan froitas, hortalizas, conservas e produtos elaborados e de horta, ovos, flores, rosquillas, doces, pan artesán, alimentos ecolóxicos de tempada, cogomelos, artesanía en téxtil, artesanía en encadernación, produtos de ganchillo, bixutería e produtos de artesanía elaborada con produtos de reciclaxe.

Ademais de postos de venda haberá cata de produtos, obradoiros de artesanía e cociña e sorteo de produtos. Este sábado haberá unha degustación de froita de tempada e o sábado 27 farase unha demostración de cociña a cargo do chef José Manuel Mallón, a través do GDR Terras de Compostela. Durante esta primeira xornada do novo mercado tamén se van repartir bolsas da campaña de promoción do comercio local “En Ames témolo todo”.

Trátase dunha iniciativa que se enmarca dentro do Plan de Acción da Axenda Urbana de Ames e que pretende dinamizar a economía e produción local no concello. Ademais, tamén se busca potenciar e reforzar o sector primario dentro da economía amesá, promocionando o consumo de produtos de proximidade.

Solicitude de participación

O prazo para poder montar un posto no novo mercado estará aberto ao longo de todo o ano. A solicitude pode facerse enviando cuberto o impreso de solicitude, que se pode descargar na seguinte ligazón, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, de forma presencial nas oficinais municipais de Bertamiráns e do Milladoiro ou a través de calquera outro dos medios ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

Mercado de rúa os sábados pola tarde Este novo mercado únese ao tradicional mercado de rúa de Bertamiráns que se celebra os sábados pola tarde nas mesmas rúas que se vén facendo habitualmente: Entrerríos, Ameneiral e no perímetro habilitado na praza do Concello. Así mesmo, o horario continuará sen cambios, sendo en verán de 16.40 a 20.30 horas e no inverno de 16.40 a 19.30 horas.

Post navigation

Previous: Charla sobre o pintor Francisco Miguel na Fundación Granell
Next: Boqueixón acollerá dúas novas Casas do Maior

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.