Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Un novo mercado de Nadal, agora en Ames

ames-mercado-de-nadal-slide-10-decembro-2024_r

Bisbarra, 10 de decembro do 2024 – Os mercados de Nadal son habituais en moitos concellos e agora é o de Ames o que se suma a esta costume, celebrarase do 2o ao 22 de decembro.

Se es artesán ou un produtor local tes ata este xoves para anotarte no mercado de Nadal. Terás que enviar á sede electrónica do Concello de Ames o modelo de solicitude cuberto xunto coa documentación necesaria enmarcada dentro das bases do mercado. En total haberá 16 postos; 12 de artesanía e 4 postos centrais para alimentos e produtos da horta.

O obxectivo é crear espazos para a promoción e valorización dos artesáns locais xunto co produto fresco e de proximidade. O mercado estará instalado na praza da Maía, en Bertamiráns, dentro dunha carpa e contará cun total de 16 postos distribuídos por toda a superficie. O horario do mercado concorrerá o venres 20 pola tarde dende as 17.00 ata as 20.30 horas, o sábado 21 en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.30 horas e rematará o domingo en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Destacar que o mercado contará cun dispositivo de vixilancia de seguridade nas horas de peche, polo que os propios expositores poderán decidir se deixar a mercancía nos postos ou non.

Inscrición e pagamento de taxas

Poderán participar no mercado as persoas comerciantes, artesás e produtoras con capacidade para producir, exhibir, elaborar e vender produtos. Xunto co modelo de solicitude, as persoas interesadas deberán enviar á Sede Electrónica do Concello de Ames unha copia do DNI ou CIF, copia da última cota pagada en réxime de autónomos (ou do réxime que corresponda) ou compromiso asinado con que estarán de alta no momento de participación do mercado, certificado das epígrafes da IAE, rexistro sanitario e certificacións das autorizacións pertinentes de elaboración e manipulación de alimentos, seguro de responsabilidade civil e copia da carta de Artesanía de Galicia.

Ás persoas solicitantes que finalmente se lles adxudicara un dos postos ofertados no Mercado de Nadal comunicaráselles ao correo electrónico especificado na solicitude de participación. Os comerciantes terán que aboar, no prazo de dous días naturais desde a recepción da notificación de concesión do posto, a taxa correspondente á Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público do Concello de Ames.

Para facer efectivo o pagamento, os feirantes deberán de poñerse en contacto co servizo de recadación do concello de Ames no teléfono 981 884 896 e a través do correo ames@canaltributos.com. No mesmo prazo de dous días naturais para facer efectivo o pagamento da taxa, remitirán o xustificante do dito pagamento ao correo electrónico: promocioneconomica@concellodeames.gal.

Post navigation

Previous: Tarxetas de Nadal con D.O. en Rois
Next: Máis demandas de mellora no transporte público

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.