Ames, 11 de xullo do 2017 – O Grupo Ames Novo ven de solicitar ao goberno municipal que facilite toda a información aportada na reunión da Mesa de Seguimento do Proxecto da nova EDAR de Santiago de Compostela.
Según Ames Novo hai unhas semanas que tivo lugar unha reunión sobre o proxecto da nova EDAR na que participaron membros do goberno municipal polo que reclaman información sobre o alí tratado e un posicionamento ao respecto do equipo de goberno.
Ames Novo tamén desvela que o alcalde, o socialista José Miñones, xunto ao outros membros do seu equipo e algúns veciños visitaron a finais de xuño a Estación Depuradora de Ourense e reclama explicacións sobre que órgano ou que persoa decidiu a visita e baixo que criterio e de que xeito se realizou xa que non se convidou a oposición nin tampouco se lle comunicou dita visita.
Ames Novo reclama “publicidade e transparencia por parte do tripartito, nunha cuestión na que existía un acordo non escrito de non aceptar a ubicación de O Souto, queremos saber se a xuntanza e visita á EDAR modificaron o posicionamento do goberno”.
Ames Novo explica que “continuamos crendo que o Souto non é o lugar máis axeitado para a ubicación da EDAR, e que a mesma non debe ser decidida en base a cuestións temporais ou económicas, a elección de tecnoloxías respectuosas co medio tamén deben ser tidas en conta ao tempo que se respecte o patrimonio natural e cultural non so de Compostela senón tamén do noso concello”.