Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames amplía a Carballeira dos Trasgos

O concello de Ames ven de ampliar a Carballeira dos Trasgos, inaugurada a principios de ano, con cinco novas figuras.
ames carballeira trasgos slide

Bisbarra, 20 de decembro do 2023 – O concello de Ames ven de ampliar a Carballeira dos Trasgos, inaugurada a principios de ano, con cinco novas figuras.

A Carballeira dos Trasgos é unha intervención realizada na Carballeira de Paramuíño, na parroquia de Biduído. O obxectivo é poñer en valor a flora e fauna deste lugar. Un espazo que se atopa nas inmediacións do CEP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído.

Alí colocáronse varias figuras dos animais típicos que habitan unha carballeira (vacaloura, bolboreta macaón, donosiña, curuxa, píntega e peto real). Tamén se recrearon os seres dos contos e lendas tradicionais, como trasgos ou damas.

Esta nova intervención na Carballeira dos Trasgos incorpora cinco novas figuras (unha xeneta, bubela, víbora, avelaíña e xoaniña). Está previsto que de cara ao vindeiro ano se sigan colocando novas figuras. A recreación feita na carballeira correu a cargo da empresa amesá Escenoset. As figuras foron colocadas por persoal da empresa e do Concello de Ames.

Para dar a coñecer as novas figuras que foron colocadas esta semana, realizouse unha visita á Carballeira dos Trasgos na que participaron o alcalde, Blas García; o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo; a técnica da Aula da Natureza, Patricia Reboreda; e alumnado de sexto de educación infantil do CEIP Agro do Muíño.

Blas García, agradeceu o traballo da técnica da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, e do persoal do departamento de Medio Ambiente, e destacou que “este é un proxecto que está tendo moi boa acollida dende a súa posta en marcha a comezos do pasado mes de febreiro, polo que continuamos ampliando con novas figuras e seguiremos o vindeiro ano. Isto é algo de todos os veciños e veciñas do concello, que debemos coidar. Esperamos que a xente continúe vindo a visitar este espazo tan acolledor”.

Eixos do proxecto

O proxecto contempla tres eixos estruturais que son a eliminación de eucaliptos de xeito paulatino para non alterar a cantidade de luz no chan; a realización de podas e rozas selectivas (o material de poda irase acumulando en pequenos montículos para que servirán de micro-hábitat a multitude de insectos e vermes); e plantación de novos carballos co fin de manter con vida dita carballeira.

O proxecto tamén ten unha clara vertente educativa xa que dun xeito sutil trátase deixar a sinal da enorme variedade de vida que alberga un ecosistema facendo visible a fauna e a flora e que serva como aviso do que se perde cando estes desaparecen como ocorre cando se tala unha finca chea de carballos centenario e se plantan nela outras árbores como poden se pinos ou eucaliptos.

Esta é a segunda parte do proxecto ao que se lle pretende dar continuidade o próximo ano dotando á carballeira con máis contido. O obxectivo é ir engadindo novos elementos de xeito paulatino.

Por outra banda, o obxectivo é que a veciñanza volva a desfrutar das carballeiras coma se facía antes que eran un espazo de convivencia, de xogo, de celebración de festas e de encontro. A intención é non poñer estruturas artificiais de xogo senón que os rapaces, rapazas e persoas adultas empreguen os elementos da contorna para xogar e descansar.

Dende o Concello convídase a veciñanza a coidar e respectar os elementos que se colocaron en dita carballeira porque trátase dun espazo que é para desfrute de todos e todas.

Post navigation

Previous: Unha nova etapa para o Panteón de Galegos Ilustres
Next: A imaxe gráfica do cartel da 49.ª Festa do queixo será da romanesa Andreea Birsanu

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.