Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Ames asina 11 novos contratos coa cooperativa galega Nosa Enerxía

ames-acordo-nova-enerxia-slide-26-outubro-2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 26 de outubro do 2017 –  O alcalde de Ames, José Miñones, asinou con Pablo Álvarez Fernández, representante da cooperativa galega Nosa Enerxía, 11 novos contratos para subministrar enerxía eléctrica de orixe renovable a varias instalacións municipais.
    • Nosa Enerxía
    • Novos contratos

Ames, 26 de outubro do 2017 –  O alcalde de Ames, José Miñones, asinou con Pablo Álvarez Fernández, representante da cooperativa galega Nosa Enerxía, 11 novos contratos para subministrar enerxía eléctrica de orixe renovable a varias instalacións municipais.

En maio de 2016 xa se asinara un contrato con esta mesma cooperativa para subministrar enerxía ás instalación da Aula da Natureza. Co novo acordo pásase a ter 12 contratos con Nosa Enerxía.

Nosa Enerxía

No ano 2014 xurdiu a entidade Nosa Enerxía, a primeira cooperativa galega que comercializa enerxía eléctrica de orixe renovable certificada a través de GoiEner. Trátase dunha cooperativa de consumidores que ten o obxectivo de primar o uso de enerxías renovables, así como a promoción de proxectos de xeración de enerxía renovable de maneira distribuída. A entidade é a maior cooperativa de consumo de Galicia e xa conta con 405 socios.

O alcalde de Ames, José Miñones, dixo que “o goberno municipal aposta por un modelo enerxético diferente, baseado nas enerxías renovables, que considere a subministración eléctrica un ben público. En maio de 2016 asinamos o primeiro contrato con esta cooperativa para subministrar enerxía ás instalación da Aula da Natureza. Agora dámoslle continuidade a este proxecto coa sinatura de 11 novos contratos para subministrar enerxía eléctrica ás escolas unitarias, locais sociais e ás instalacións do Punto Limpo”. 

Novos contratos

Os novos contratos suministrarán enerxía eléctrica á escola unitaria de Covas, local social de Cruxeiras, local social de Biduído, antiga escola de Firmistáns (que na actualidade está sendo rehabilitada para dedicala a vivenda de tránsito e de uso veciñal), escola unitaria da Tarroeira, local social de Biduído de Abaixo, local social de Augapesada, local social de Trasmonte, antiga escola de Guimaráns, local social de Piñeiro e ás instalacións do Punto Limpo, situado no polígono do Milladoiro.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo Galego abre as portas no 40 aniversario
Next: Reclaman a recuperación do antigo matadoiro de A Estrada

Máis novas

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

ames pleno 28 setembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Ames aproba os pregos de licitación do futuro centro deportivo do Milladoiro

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.