Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Negreira
  • Xeral

Adíanse as “Noites en Vela” da Ponte Maceira para o 30 de agosto

ames negreira noites en vela SLIDE 2 xullo 2025

A edición deste ano das “Noites en Vela” coas actuacións de As Maianas e Caamaño & Ameixeiras, prevista para este 19 de xullo, celebrarase finalmente o vindeiro 30 de agosto debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado



A Ponte Maceira, que divide os concellos de Ames e Negreira encherase de luz e música nunha nova edición das “Noites en Vela” que organizan os concellos de Ames e Negreira

Na Barcala e na Maia é unha desas citas que marcan o comezo do verán, aínda que cada ano acode máis xente de toda a bisbarra e non poucos turistas, As “Noites en Vela” son un evento literalmente bonito e calmado nun lugar moi especial como a Ponte Maceira.

Ata ese sitio desprazáronse os alcaldes de Ames, Blas García, e Negreira, Manuel Ángel Leis, para presentar as “Noites en Vela” que se celebrarán o 30de agosto as nove da noite, desois de que fora aprazada a primeira data do 19 de xullo. Os convidados musicais son Maianas e Camaño & Ameixeiras, un gran nivel musical para unha noite moi especial.

O programa está organizado conxuntamente entre os departamentos de Cultura de Ames e Negreira, e busca poñer en valor unha paraxe paisaxística e monumental como é A Ponte Maceira, declarada ben de interese cultural (BIC) no ano 2022 e localización que forma parte da listaxe dos pobos máis bonitos de España.

O alcalde de Ames, Blas García, subliñou que “as Noites en Vela son unha das nosas celebracións máis destacadas, cun telón de fondo incomparable como é A Ponte Maceira. Os Concellos de Ames e Negreira colaboramos con moito gusto para facer que a nosa veciñanza desfrute dunha noite de música e espectáculo”.

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, destacou que “dende o Concello de Negreira seguimos apostando por este evento porque cremos que é un bo xeito de potenciar o turismo na Ponte Maceira, un dos lugares máis fermosos que temos nos dous concellos. As Noites en Vela é un xeito de poñer en valor e dar a coñecer A Ponte Maceira, a través da música. Todos os anos ten unha gran afluencia de veciños e veciñas dos dous concellos, de peregrinos e turistas”.

As Maianas e Caamaño & Ameixeiras

A agrupación de cantareiras “As Maianas”, formado en Ames no 2007, destacan pola súa proposta con temas de composición propia nos que empregan sons e ritmos da música tradicional galega nos que se valen de instrumentos coma as pandeiretas, cunchas ou a propia percusión corporal.

Pola súa banda, “Caamaño & Ameixeiras” é un dúo formado en 2018 composto por Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras moi ligado tamén á música e baile tradicional. Na actualidade contan con prestixio tanto a nivel nacional coma internacional. Tomando como partida inicial sons populares da nosa terra, este dúo crea pezas de composición propias cun selo moi persoal nas que mesturan o tradicional con recursos máis contemporáneos.

A actividade é de balde.

Post navigation

Previous: Compostela Incorpora o Pagamento Anticipado en distintos convenios
Next: Compostela acolle as II Xornadas de Frauta de Galicia

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.