Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Ames modifica a recentemente aprobada RPT

Concello de Ames DSC_0186 slide_r

Ames, 5 de abril do 2017 –  O goberno municipal de Ames e os representantes do persoal municipal do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal en Mesa Xeral de Negociación decidiron unha modificación puntual da RPT para reforzar o departamento de Servizos Sociais coa contratación dun novo traballador social e co incremento da xornada dunha educadora familiar.

Na reunión tamén se falou da situación na que se atopa a Escola de Música (EMMA) co obxectivo de regularizar o contrato dos traballadores para que, se é posible, pasen a forman parte do cadro de persoal municipal.

O primeiro acordo que se tomou foi a aprobación por unanimidade das actas das reunións mantidas o 1 de febreiro e mailo 7 de marzo. De seguido, deuse conta dos cadros de persoal que se recollen no orzamento de 2017. Ditos cadros de persoal responden á nova estrutura fixada na Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ames, cuxa modificación foi aprobada definitivamente polo Pleno do Concello o pasado día 29 de decembro de 2016. Esta modificación da RPT supuxo unha alteración significativa na estrutura de postos de traballo do Concello co fin de adaptar a RPT á realidade do Concello, circunstancia que obrigou á revisión ou adecuación das adscricións preexistentes do persoal municipal á RPT, para que puidesen facerse efectivos os efectos prácticos e legais inherentes a dita modificación.

Por outra banda, aprobouse unha modificación puntual da RPT para reforzar o departamento de Servizos Sociais coa contratación dun novo traballador social. A contratación do mencionado/a traballador/a social estará sufragada nun 80% a través do plan concertado da Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia. O 20% restante sería sufragado con fondos propios do Concello. Asemade, vaise a incrementar a xornada laboral, de parcial a completa, dunha educadora familiar que xa presta servizo en esa mesma área.

Por último, o goberno expúxolle aos representantes do persoal a situación da Escola Municipal de Música (EMMA). Explicaron que durante o pasado ano realizouse a regularización contractual do edificio no que están situadas as instalacións da EMMA. Ademais, estase traballando para incluír dito servizo no rexistro de Escolas de Música e Danza de Galicia. A terceira fase deste proceso afectaría aos traballadores/as que imparten as clases deste servizo cos cales xa se falou para intentar regularizar os seus contratos co obxectivo de que, se é posible, pasen a formar parte do cadro de persoal municipal. A idea do goberno municipal é intentar incluír estes postos na Relación de Postos de Traballo (RPT).

Post navigation

Previous: Analizan a implantación do portugués no ensino medio galego
Next: Bamad, a asociación que acolle aos bibliotecarios galegos, critica o cese das directoras das bibliotecas xestionadas pola Xunta

Máis novas

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Cartel Millarock 2026
5 minutes read
  • Xeral

XV Millarock en Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.