Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Transportes comeza as obras na travesía do Milladoiro

ames-obras-milladoiro-slide-19-setembro-2024_r

Bisbarra, 19 de setembro do 2024 – Polo momento a oposición veciñal non consigue cambios no proxecto de humanización da travesía do Milladoiro, Ames, e o luns comezan as obras.

O Ministerio de Transporte ven de emitir unha nota de prensa na que informa sobre os traballos a realizar, os posibles inconvenientes para a veciñanza e as alternativas dispoñibles para eludir as obras do Milladoiro. O vindeiro luns 23, a partir das oito e media da mañá, reduciranse de a poucos os catro carrís a tan só dous. Esta situación calcúlase que se manterá, segundo a nota do Ministerio, ata finais do 2025.

As recomendacións son que “os itinerarios entre a cidade de Santiago e Padrón fáganse evitando a travesía de Milladoiro, utilizando a autovía AG-56 e a Vía de Alta Capacidade VG-1.7”. As propostas pasan polo uso do tramo gratuítos da autoestrada AP-9 combinado coa SC-20, estrada de Noia, e a variante das Galanas. Estradas polas que xa é obrigatorio circular aos vehículos máis pesados.

No caso dos traxectos locais, para acceder ás vivendas ou establecementos do núcleo urbano de Milladoiro, “recoméndase utilizar rúas paralelas á travesía de Milladoiro, para evitar circular polo tramo en obras.

Para acceder e saír do Polígono de Novo Milladoiro recoméndase utilizar os viarios que conectan o polígono coa VG1.7 na ligazón de Biduído, e a súa posterior conexión coa AG-56. Polo momento non parece que o proxecto presentado teña cambios nin intención de implementalos, a partir dos luns veranse con máis claridade as consecuencias da redución de carrís.

Post navigation

Previous: A Baña presenta o venres 20 “Outono de Monólogos”
Next: Tordoia, Trazo e Cerceda acollen DesOrdes Creativas

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.