Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Abre o Mercado de Nadal de Ames

ames mercado de nadal 19 decembro 2025

A programación de Nadal en Ames conte este ano coa novidade da celebración dun Mercado de Nadal, na praza da Maía de Bertamiráns, desde hoxe e ata o vindeiro domingo.

En total haberá 18 postos; 13 de artesanía e 5 postos de alimentación e produtos da horta. O horario de atención ao público do Mercado de Nadal será o venres de 17.00 a 20.30 horas, e o sábado e domingo, de 10.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.30 horas.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que a través desta iniciativa “búscase crear un ambiente festivo nas rúas aproveitando as festas de Nadal e que este mercado serva para que os veciños e veciñas poidan realizar as súas compras. Trátase de incrementar a oferta comercial do concello con produtos de artesanía e de alimentación frescos e de proximidade”.

O mercado está instalado dentro dunha carpa e conta cun total de 18 postos distribuídos por toda a superficie. Os postos destinados á artesanía estarán situadas nos laterais do mercado, mentres que os postos de alimentación e produtos da horta estarán localizados na parte central do mercado.

18 postos de alimentación e artesanía

Os postos de alimentación estarán ocupados por Da Horta á túa Porta (venda de hortalizas); Casa Curtis (chourizos, queixos, etc); Dolci e Bambini (venda de produtos de pastelería e sobremesas de Nadal); Aceites Galego Embruxo (aceite galego); e Ecogalletas.

Por outra banda, no mercado participarán varias empresas do sector da artesanía como son Con un pouco de papel (adornos de Nadal en madeira e metacrilato); Las telas de Julia (produtos téxtiles, bolsas, bolsos, etc); Asociación Anaisa (produtos de cosmética, velas e incensos naturais); Livengi (velas aromáticas e artísticas, flores de cintas e manualidades con materiais de reciclaxe); Dilhky-Crafts (artesanía de dioramas, booknook e produtos de fantasía); Belelula (artesanía en madeira, vidro e téxtil).

Ademais, dentro dos postos de artesanía participarán Las Telitas de Teresa (bixutería, monecas de nadal, monecas cápsula); Encadernación artesanal da Asociación Fonte da Virxe (centros de Nadal, velas do Nadal, pulseiras, chaveiros e cestos); Flow de Meiga (candeas de Nadal de cera de abella e soia, aromaterapia, incensos naturais, desodorantes naturais, sacos térmicos…); Indiartaborigen (artesanía de autor en xoias de coiro con deseños de corte a bixutería e trenzados integrados); Noites de Datura (orfrebería elaborada con prata e pedras naturais); Bonecotolo (amigurumi e téxtil); e Leidy Silva Art (arte e manualidades).

Post navigation

Previous: Rosa Crujeiras inicia a carreira polo reitorado da USC
Next: Un paso máis cara o Centro de Día de Teo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.