Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames aposta pola planta de reciclaxe de Servia, en Lousame

O concello de Ames aposta por converterse en membro de pleno dereito da Mancomunidade Serra do Barbanza e pola continuidade da planta de Servia en Lousame.
reunion-planta-de-servia-slide-1-setembro-2023_r

Bisbarra, 1 de setembro do 2023- O concello de Ames aposta por converterse en membro de pleno dereito da Mancomunidade Serra do Barbanza e pola continuidade da planta de Servia en Lousame.

Representantes socialistas de concellos integrados na Mancomunidade reuníronse co comité de empresa dos traballadores da planta de tratamento de lixo de Servia ante a próxima prórroga do contrato de xestión de residuos.

Paulo Rubido, da executiva co-federal da CIGA e Carlos Corredoira, de UXT mantiveron un encontro con Blas García e Gustavo Nieto (alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos), Ana Domínguez (portavoz socialista de Lousame), Jorge Romero (portavoz socialista de Porto do Son) e Fran Pérez (portavoz socialista de Noia). Os socialistas trasladaron o seu apoio á continuidade e mellora da planta.

A reunión da continuidade a vontade manifestada o 19 de maio polos socialistas comarcais de implicarse neste tema en defensa dos traballadores e traballadoras da planta de reciclaxe. Un apoio tamén ao modelo de reciclaxe sustentable que se puxo en marcha fai xa máis de 20 anos polos concellos socialistas do Barbanza, por ese motivo “ninguén mellor que o PSOE para defender e mellorar este modelo” dixeron.

Ames, socio de pleno dereito

O rexedor amesá, Blas García, reclama que o seu concello adquira a condición de  socio de pleno dereito desta sociedade pois “Ames pese a ser unha peza fundamental na Mancomunidade, non ten voz nin voto dentro da mesma”. Na actualidade esta mancomunidade presta servizo a aproximadamente 86.000 habitantes, dos cales máis de 30.000 residen no concello de Ames.

García pon tres condicións para a entrada de Ames como socio de pleno dereito da mancomunidade: “a profesionalización na xestión da Mancomunidade, a liberación cargas anteriores á incorporación e,  que se cumpran as obrigas para con Ames especificadas nos pregos actuais por parte de FCC”.

Post navigation

Previous: Movendo os Marcos: XII Encontro Artes pola Integración
Next: O concello de Santiago tarda máis de 70 días en pagar as facturas

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.