Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames mellora camiños en Quintáns, Proupín e Lamas

ames obras adxudicadas 5 setembro 2025 (3)

As obras de Ames están incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026 e veñen de ser adxudicadas por un importe de 64.396,37 euros.

A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou a adxudicación das obras de mellora do camiño en Quintáns e do viario que vai de Proupín a Lamas, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026.

O proxecto foi adxudicado por 64.396,37 euros (IVE incluído)  e foi aprobado previamente no pleno ordinario celebrado o pasado 26 de xuño de 2025. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) aporta 53.220,14 euros, mentres que o Concello de Ames achega a contía de 11.176,23 euros.

O gasto está dividido en dúas anualidades: 31.372,57 euros en 2025 e 33.023,80 euros en 2026. O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explicou que “para participar na convocatoria deste plan elaborouse o proxecto denominado Mellora de camiño en Quintáns e outro”. Este proxecto contempla ademais a mellora do camiño de Proupín a Lamas.

O proxecto de mellora ten como finalidade conservar e mellorar as infraestruturas rurais, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.

Mellora do camiño de Quintáns

As obras de mellora executaranse nun camiño de 460 metros de lonxitude e un ancho medio de 3 metros, xunto cunha superficie de 25 metros cadrados no entronque. En dita superficie procederase á pavimentación do camiño con 15 centímetros de zahorra artificial.

Previamente, nun treito de 170 metros disporase unha capa de regularización de 5 centímetros de espesor medio. Nos 290 metros restantes será preciso proceder á roza e limpeza do camiño e á retirada da terra vexetal.

Previo á capa de zahorra executarase unha base con 40 centímetros de material de préstamo. As tarefas de pavimentación complétanse coa execución de 15 centímetros de pedra 32/63 mm, tratamento semiprofundo, tratamento superficial e tratamento de selado.

No contacto entre o entronque do camiño co viario asfaltado colocarase unha canaleta prefabricada de PVC con reixa de fundición clase D – 400 para a recollida de augas pluviais, xunto cun pozo de rexistro para o seu desaugamento á rede de drenaxe existente. Tamén se contempla a limpeza de cunetas en ámbalas marxes e a colocación de 1 sinal de stop.

Mellora de Camiño de Proupín a Lamas

Nun treito de 190 metros de lonxitude e 5,50 metros de ancho medio, xunto cunha superficie de 30 metros cadrados no entronque, procederase á pavimentación mediante 15 centímetros de pedra 32/63 mm, tratamento semiprofundo, tratamento superficial e tratamento de selado. Nun treito de 930 metros de lonxitude e 3,00 metros de ancho medio disporase unha capa de 15 centímetros de zahorra sobre unha capa de regularización de 5 centímetros de espesor medio con material de préstamo. Previamente procederase ó saneo das zonas máis deterioradas con pedraplén. Tamén se contempla a limpeza de cunetas en ámbalas marxes e a colocación de 1 sinal de stop.

Post navigation

Previous: O Festival Ateneo Barroco regresa en outubro
Next: O máis lido en Lindeiros do 1 ao 5 de setembro do 2025

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.