Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames licita o mantemento do alumeado público

O valor do contrato que se licita supera os seiscentos mil euros e o prazo de presentación de ofertas finaliza o 16 de marzo

AMES LICITACION ALUMEADO 11 FEBREIRO 2026

A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar a licitación do servizo de mantemento preventivo, correctivo e técnico legal do alumeado público. O obxectivo é adxudicar o mantemento de toda instalación de alumeado público e iluminación monumental de titularidade municipal

O orzamento base de licitación ascende a 619.076,88 euros (IVE incluído). As empresas interesadas terán ata o 16 de marzo para presentar as súas ofertas. O alcalde, Blas García, destaca que “durante os últimos anos o Concello de Ames apostou polo aforro enerxético co cambio a LED no Milladoiro e Bertamiráns”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, engade que “o desenvolvemento tecnolóxico das instalacións de alumeado exterior, pasadas a Led, fai que o mantemento deste tipo de instalacións sexa cada vez mais complexo e precise de empresas especializadas ”.

Prestación do servizo

Por outra banda está o alumeado festivo. A empresa adxudicataria deberá promover o abastecemento a eventos culturais, ociosos ou deportivos desenvolvidos principalmente nos núcleos do Milladoiro e Bertamiráns, aínda que tamén de xeito esporádico nas demais parroquias de Ames. Este abastecemento será mediante a instalación de cadros eléctricos conectados á liña da distribuidora ou mediante grupos electróxenos subministrados pola empresa adxudicataria.

Do mesmo xeito, a prestación do servizo comprende o mantemento preventivo e o control da iluminación, o mantemento correctivo e o mantemento técnico legal. Ademais, tamén se contemplan outros servizos asociados, como o alumeado festivo, certificados, informes, presupostos, axudas e tramitacións.

Actualmente, en todo o termo municipal hai un total de 7.043 unidades de luminarias instaladas. Non obstante, para efectos contractuais, tómase como referencia o inventario realizado pola auditoría enerxética no 2019, que contempla un total de 7.200 luminarias.

A empresa adxudicataria estará obrigada a manter os modelos, características e calidades dos equipos existentes, salvo en casos especificados polos servizos técnicos municipais.

Post navigation

Previous: Compostela acolle o ciclo Fiestra Aberta
Next: Brión comeza a programación do Mes de Rosalía

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.