Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames traballa xa na limpeza dos montes de cara ao verán

O concello de Ames traballa nas limpezas subsidiarias das vías e franxas secundarias pendentes antes de que chegue a época de verán.
ames monte 7 marzo 2024

Bisbarra, 7 de marzo do 2024 – O concello de Ames traballa nas limpezas subsidiarias das vías e franxas secundarias pendentes antes de que chegue a época de verán.

Estas limpezas subsidiarias serán acompañadas da apertura por parte do concello de Ames expediente sancionador. A sanción contempla a incautación da madeira cortada, a asunción do custo dos traballos realizados e unha multa económica.

O Director Xeral de defensa do Monte, Manuel Rodriguez, achegouse ata o Concello de Ames para coordinar co departamento de Xestión do Medio Rural estas limpezas pendentes. Na visita o responsable da Xunta reuniuse co alcalde, Blas García, e co concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo.

Antelo apreciou o xesto do Director Xeral e a boa disposición amosada para cumprir o compromiso acadado no pasado mes de agosto “Apreciamos o xesto do Director Xeral de achegarse a Ames e comprobar de primeira man algunhas das parcelas que incumpren reiteradamente a limpeza nas franxas secundarias. É vital que estes traballos avancen a bo ritmo antes da chegada do verán”.

Manuel Rodríguez pola súa banda puxo en valor o alto grao de coordinación e colaboración existente entre a Xunta e o Concello de Ames na prevención dos incendios forestais e comprometeuse a continuar nesta liña de traballo coas autoridades municipais para acelerar os traballos de limpeza que comezarán de inmediato.

Convenio  de colaboración entre Xunta, Fegamp e Seaga

A xestión dos espazos, para a prevención do lume, corresponde aos titulares dos terreos e, de xeito subsidiario, aos concellos. No ano 2018 a Xunta subscribiu un convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias e coa empresa pública Seaga que permitiu crear un sistema público de xestión da biomasa nestas faixas.

Este convenio de protección das aldeas, ao que xa están adheridos un total de 283 concellos, é dicir, o 90,41% dos municipios galegos -entre eles o de Ames-, busca contribuír e garantir a prevención de incendios forestais, para que deste xeito se acade unha diminución do número de lumes nas zonas de interface urbano-forestal, o que repercute no interese público polo que supón para a seguridade das persoas e dos bens.

Post navigation

Previous: Compostela culmina a conectividade por fibra do casco vello
Next: Medra a preocupación polo parque eólico de Xesteiras na Estrada

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.